InicioSociedadeChegará por fin a eliminación do paso a nivel de Porriño, 70...

Chegará por fin a eliminación do paso a nivel de Porriño, 70 anos despois?

En 2016, o descarrilamento dun tren acabou con catro falecidos, e feriu a medio centenar de persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa de Porriño, Eva García de la Torre, parece decidida en eliminar o paso a nivel do Porriño, que leva 7 décadas cortando o centro da cidade. Tódolos esforzos, ata o de agora, non atoparon froito ningún.

Porriño renfe estacion
Paso a nivel de Porriño/ Miguel Nuñez

Mais a rexedora de Porriño atopa “inaceptable” que, en lugar de eliminar o paso a nivel, se constrúa un paso subterráneo para peóns, ou un paso elevado, e promete “traballar nun proxecto que conseguirá que o tren deixe de pasar en superficie polo centro do Porriño”.

Porriño estacion
Paso a nivel de Porriño/ Miguel Nuñez

García de la Torre manterá un encontro cos distintos grupos municipais para trasladarlles o tratado coa presidenta de Adif, Pardo de Vera. É profundamente optimista: “A eliminación do paso a nivel está máis preto que nunca”, asegurou.

Paso A nivel con barreiras

Paso a nivel de Porriño/ Miguel NuñezO seguinte paso será unha reunión co secretario de Estado de Infraestruturas para reflectir nos Orzamentos Xerais do Estado para 2019 o proxecto de eliminación do paso a nivel.

Pasos a niveis Porriño
Paso a nivel de Porriño/ Miguel Nuñez

Os veciños do Porriño levan 70 anos demandando a eliminación dese paso a nivel, en pleno centro da localidade, por onde o tren pasa a gran velocidade, e por onde tamén cruzan peóns.

Porriño
Paso a nivel de Porriño/ Miguel Nuñez

As demandas intensificáronse a raíz do descarrilamento dun tren a poucos metros dese paso, en setembro de 2016, que ocasionou a morte a catro persoas, resultando feridas medio centenar.

Porriño
Paso a nivel de Porriño/ Miguel Nuñez

ÚLTIMAS

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...

O BNG esixe pór fin ao “descontrol” e á “barra libre” dos pisos turísticos en Vigo: “En 5 anos, pasaron de 400 a 2.400”

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal e á Xunta de Galicia que poñan fin...

Piden máis de 16 anos de cárcere para un acusado de violar e roubar a unha muller en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará este...

O embaixador de Perú rende homenaxe ás vítimas do Villa de Pitanxo no porto de Vigo

O embaixador de Perú en España, Luís Iberico Núñez, encabezou este domingo unha ofrenda...