InicioMedio Ambiente e PatrimonioEcoloxistas sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do...

Ecoloxistas sinalan a Coren como un dos responsables da degradación ambiental do rural galego

Colocaron medio cento de sinais reclamando a prohibición da gandaría industrial. 

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Coordinadora estatal Stop Gandaría Industrial, composta por máis de 70 organizacións estatais e internacionais, volve organizar unha semana de loita para denunciar e visibilizar o seu rexeitamento ás macrogranxas polos perigos ambientais, socio-económicos e de saúde derivados deste modelo intensivo de cría e engorde de gando. Activistas de Amigas da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace e o Movemento Ecoloxista da Limia (MEL), acudiron ao maior centro de procesado de porco do país, as instalacións de Frigolouro no Porriño, da integradora Coren, e colocaron medio cento de sinais reclamando a prohibición da gandaría industrial. 

Con esta acción desenvolvida na comarca de Vigo, as organizacións pretenden tamén a sensibilización ante este problema ambiental nas contornas urbanas, as grandes consumidoras dos productos procedentes da gandaría industrial. Salientan a importancia de concienciar á cidadanía que vive “máis allea á contaminación da auga superficial e subterránea, aos malos cheiros, á degradación da terra, ao despoboamento rural, e que non ve nin escoita os animais amoreados nestas fábricas de carne, leite e ovos”.

CONTAMINACIÓN DA AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO

A contaminación da auga por nitratos no Estado español é tan grave que levou á Comisión Europea a denunciar a España ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea por incumprimento da Directiva de Nitratos, o que podería rematar nunha multa millonaria.

Malia as reiteradas denuncias “a Xunta de Galicia segue sen declarar ningunha Zona Vulnerable á Contaminación por Nitratos, pese aos efectos nocivos que a gandaría está a causar en comarcas como A Limia, O Deza, Bergantiños ou A Terra Chá entre outras”, sinalan.

Así mesmo, tamén poñen o foco na gandaría intensiva que “é unha gran xeradora de gases con efecto invernadoiro (GEI) en toda a súa cadea de produción. Dende 1990 a emisións da mesma non paran de medrar, xunto a outras coma o transporte, mentres que as procedentes do sector enerxético baixan”. Galicia é, despois de Cataluña, a comunidade autónoma con maior xeración de GEI provocadas pola ganadería industrial, co 12% do total.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...