InicioCulturaAs curtas finalistas do Festival de Cans poderán verse en liña esta...

As curtas finalistas do Festival de Cans poderán verse en liña esta fin de semana

Cada grupo de pezas terá un prezo de tres euros por bloque, pero pode adquirirse un abono a prezo reducido de cinco euros para ver a sección completa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Festival de Cans, celebrado no municipio do Porriño, habilitará desde este xoves –ás 12,00 horas– ata o domingo a versión en liña do certame, Cans En liña. A través da páxina web www.festivaldecans.gal, as persoas poderán gozar de todas as curtametraxes finalistas de ficción do último concurso.

En total, son once curtas as que estarán dispoñibles na web do festival en tres bloques. Cada grupo terá un prezo de tres euros por bloque, pero existe a oportunidade de adquirir un abono a prezo reducido de cinco euros para ver a sección completa. Tras efectuar a compra, cada persoa disporá de 72 horas para visionar as curtas.

Con esta iniciativa, que se celebra por terceiro ano consecutivo, a organización buscan “fomentar a visibilidade dos novos cineastas a través do acceso do público que non puido presenciar as curtas no festival tras esgotarse as entradas”.

Ademais de contribuír á difusión das obras e á posta en valor de creadores, a intención desde o certame é lograr que as persoas participantes obteñan unha remuneración. Así, a recadación integra dos visionados distribuirase entre todos os autores e autoras.

OBRAS DISPOÑIBLES

Entre as curtametraxes dispoñibles para o público en liña están ‘Rompente’ de Eloy Domínguez, ‘Can de Pedra’ a mellor curta do xurado do Festival de Málaga, ou ‘La Entrega’ de Pedro Díaz, protagonizado por Ramón Barea.

Tamén se poderá acceder a obras como ‘Sycorax’, de Lois Patiño e Matías Piñeiro; ‘Así vendrá la noche’, de Ángel Santos e con Violeta Gil –Premio a Mellor Actriz–; ‘Devoradora de Nenos’, de Fran Rodríguez con Santi Pregro –Premio a Mellor Actor– como protagonista, ou ‘Sauerdogs’, dirixida por Guillermo de Oliveira.

ÚLTIMAS

Detido un home en Vigo tras prenderlle lume á súa exparella

A Policía Nacional detivo a un home en Vigo tras asperxer á súa exparella...

Comeza a operación Panificadora en Vigo, á espera do PXOM e as expropiacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

O presidente dos comuneiros de Cabral afronta un ano e tres meses por unha obra ilegal

O Xulgado do Penal número 2 de Vigo acollerá a próxima semana un xuízo...

A Valedora volve pedir ao Concello de Vigo información sobre o accidente mortal das festas de Matamá

A Valedora do Pobo enviou esta semana ao Concello de Vigo un segundo requirimiento para...