InicioVigo e contornaO PorriñoXa restaurados os murais contra a violencia machista que foran vandalizados no...

Xa restaurados os murais contra a violencia machista que foran vandalizados no Porriño

Os murais foron cubertos con verniz para que calquera posterior ataque poida borrarse con facilidade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os murais contra a violencia machista que sofriran actos vandálicos no Porriño veñen de ser restaurados a iniciativa do Concello, que aproveitou para facer un chamamento á tolerancia e a poñer fin a calquera expresión de odio. Estas obras, situadas en puntos negros do centro urbano onde se deron agresións machistas, foron instalados pola concellería de Igualdade o pasado 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, no marco da campaña “O amor non é violencia”.

Son obras das artistas Eva Casais, Gemma Marqués, Tamara Baz e Lorena Arévalo, que reivindican as relacións de igual a igual entre persoas. Unhas semanas despois de ser instaladas amaneceron con pintadas e, pese a ser borradas, volveron ser atacadas. Ante estes actos vandálicos o alcalde, Alejandro Lorenzo, expresou a súa “condena firme” e recordou que dende o Concello “non se tolerarán comportamentos coma estes que demostran que queda moito por facer a prol da igualdade”.


Pola súa banda, a concelleira de igualdade, Carolina González, acudiu a ver
os traballos de restauración dunha das obras, que desenvolveu a propia
autora, Tamara Baz. “Quen pretenda silenciar as reivindicacións feministas e contra a violencia machista debe saber que non o vai conseguir no Porriño”, advertiu a concelleira, “Queda moito por facer neste eido, pero farémolo con firmeza e sen dar nin un paso atrás”. González explicou que unha vez borradas as pintadas os murais foron cubertos con verniz para que calquera ataque posterior poida borrarse con facilidade e sen lastimar a obra.

ÚLTIMAS

Evacuada unha pasaxeira ferida do buque oceanográfico vigués Sarmiento de Gamboa

Unha persoa que navegaba no buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa resultou ferida mentres realizaba...

Vigo reclamará a Audasa máis de 138.000 euros polo IBI da AP-9

O Concello de Vigo reclamará á concesionaria da AP-9, Audasa, o pagamento de 138.345...

O TSXG revisa este luns a condena de 13 anos e medio polo crime de Coia

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebrará...

Sanidade licita por 284.000 euros reactivos clave para transplantes no Hospital Meixoeiro

A Xunta de Galicia, a través do Servizo Galego de Saúde (Sergas), publicou no...