InicioCulturaAberta a convocatoria do Festival de Cans para o envío de obras

Aberta a convocatoria do Festival de Cans para o envío de obras

Esta edición aumenta a contía dos premios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A XIX edición do Festival de Cans xa abriu a convocatoria para que todos aqueles que queiran participar poidan enviar as súas obras, que poderán inscribirse na web oficial do certame ata o próximo 6 de marzo.

Tal como informaron os organizadores nun comunicado, este ano o festival terá lugar entre o 18 e o 21 de maio no Porriño e, por primeira vez na súa historia, a contía dos premios pasará os 10.000 euros, que se destinarán a recompensar aos curtos premiados nas diversas categorías do concurso.

En concreto, en total serán 10.100 euros, aumentando as dotacións nas categorías ‘Furacáns’, destinada ás obras de non ficción, e de ‘Novas Camadas’, destinada aos creadores máis novos, que teñan ata 25 anos.

“Con esta dotación, o certame quere facer un esforzo económico e manifestar o compromiso cos creadores, da mesma forma que nas últimas edicións de 2020 e 2021. Cans trata de consolidar este apoio nunhas circunstancias moi complexas para todos os cineastas”, reivindicou a organización.

OBRAS

As obras que se poderán inscribir para concursar son curtametraxes, videoclips, webseries, documentais ou películas de ficción e animación realizados entre 2021 e 2022. Primará que as obras sexan estreas.

O ano pasado, un total de 102 obras foron proxectadas nos diferentes espazos do festival, ao longo do catro días de duración do mesmo.

O gañador da categoría de ficción recibirá 2.000 euros, mentres que as de animación, ‘Furacáns’ e o premio do público estarán dotadas con 1.500 euros cada unha.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...