InicioVigo e contornaO PorriñoO centro AIMEN, do Porriño, participa nunha investigación científica internacional con microrobots

O centro AIMEN, do Porriño, participa nunha investigación científica internacional con microrobots

O obxectivo é construír máquinas de tamaño microscópico que poidan navigar polos fluídos humanos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Investigadores do centro tecnolóxico AIMEN participaron no desenvolvemento da primeira aplicación de intelixencia artificial para o control de microrobots que navegan a través dun fluído, un traballo que se publicou na revista Science Robotics.

A investigación demostra como un robot do tamaño dunha micra (aproximadamente unha centésima do diámetro dun cabelo humano) é capaz de desenvolver, mediante técnicas de aprendizaxe por reforzo, as estratexias óptimas de navegación para alcanzar un obxectivo, compartir información con outros robots para acelerar o proceso de aprendizaxe ou desenvolver a velocidade óptima para a supervivencia nunha contorna, de forma similar a como o fan os microorganismos na natureza.

Os principais desafíos deste traballo eran o deseño do robot e do mecanismo de propulsión, así como a capacidade do sistema de control para adaptarse a un medio con tanta incerteza como un fluído para un obxecto microscópico.

Esta primeira demostración experimental desenvolveuse en colaboración coa Universidade de Leipzig e a Universidade de Charles de Praga, dentro dun dos programas prioritarios de financiamento para a investigación científica do goberno alemán (DFG).

O estudo abre a porta a multitude de investigacións futuras tanto no deseño de micro e nanorobots, como no desenvolvemento de técnicas específicas de intelixencia artificial para o seu control e comportamento autónomo a escala micrométrica, que poderán ter gran impacto a escala macroscópica.

O control de obxectos microscópicos mediante o uso de intelixencia artificial podería empregarse no desenvolvemento de materiais intelixentes con potenciais aplicacións en distintos ámbitos industriais, como o enerxético, o biotecnológico ou, mesmo, na construción.

A aplicación permitiría controlar as propiedades dun material, a inxección de fármacos de forma precisa ou o desenvolvemento de ferramentas autónomas para microcirugía de precisión.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...