Centenares de persoas concentráronse este martes ás 12:00 no Concello do Porriño trala morte dunha parella da parroquia porriñesa de Chenlo. Todos os indicios apuntan a un asasinato de violencia machista.
O home, que deixou unha nota de despedida, tiña unha escopeta de caza legalizada e as balas acabaron coa vida de ambos. Descártase a presencia de terceiras persoas.Ela morreu tras dous disparos na cabeza e un nas costas, el cun disparo no peito. O matrimonio cesara a súa convivencia fai unhas semanas.