InicioMedio Ambiente e PatrimonioVÍDEO: Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño: “Me estáis linchando”

VÍDEO: Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño: “Me estáis linchando”

A alcaldesa do Porriño mantivo un encontronazo con membros da Plataforma Antilindano da Louriña, algúns deles integrantes de Izquierda Unida.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A alcaldesa do Porriño, a socialista Eva García de la Torre, mantivo este luns un encontronazo con membros da Plataforma Antilindano da Louriña, e cargos políticos, entre os que se atopaban dirixentes de IU como o concelleiro de Esquerda Unida-Son, Pedro Ocampo, ou a deputada no Parlamento de Galicia, tamén de Izquierda Unida, Eva Solla.

A tensión xurdiu cando Pedro Ocampo quixo acceder ao concello mentres tiña lugar unha xuntanza con técnicos da Xunta para informar das analíticas sobre o lindano. Un policía local impediulle a entrada e a xente, que estaba concentrada diante do concello, comezou a protestar. Nese momento, foi a propia alcaldesa quen saíu fóra para falar co edil e os concentrados.

Iniciouse unha discusión na que a rexedora dixo sentirse agredida pola violencia verbal dalgúns dos concentrados, o que dexenerou un tenso debate. Ao final, tivo que intervir o propio edil de EU para tentar calmar os ánimos dalgúns deles.

“¿Me han llamado indecente, sinvergüenza, ridícula y decís que no me insultáis?”, dixo nun momento a rexedora ante a violencia verbal dalgúns dos concentrados enfadados con ela por dicir que a agredían.

Esta é a seguencia dos feitos:

ÚLTIMAS

CIG pide un plan para o naval vigués tras as “noticias negativas” sobre San Enrique e Cardama

O sindicato CIG solicita unha reunión coa conselleira de Industria, María Jesús Lorenzana, para...

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...