InicioSucesosDecretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller...

Decretan prisión para o recluso da Lama investigado pola morte da muller que apareceu no Porriño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 3 do Porriño decretou prisión provisional, comunicada e sen fianza para un home investigado pola morte da muller cuxo cadáver apareceu no polígono das Gándaras o pasado mes de novembro.

Foi na mañá deste martes cando a xuíza tomou declaración como investigado a este home, que foi trasladado desde a prisión da Lama, onde se atopa interno por outra causa. Así, segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), acordouse o seu ingreso en prisión provisional como presunto autor dun delito de homicidio debido aos indicios obtidos tras a análise autorizada das antenas de telefonía móbil e a súa conexión cos terminais da vítima e o investigado.

Ademais, segundo engaden, o home prestou o seu consentimento para a toma de mostras de ADN, que serán cotexadas coas atopadas no cadáver da falecida. Fontes da Garda Civil subliñaron que se recolleron diferentes vestixios biolóxicos co fin de situar ao suposto autor no lugar dos feitos. O home cumpre condena desde decembro como autor de roubos con intimidación e agresión sexual a mulleres.

“Establecido un perfil do suposto autor, a investigación permitiu acreditar que o investigado estivo coa vítima durante a noite en que morreu de forma violenta“, engadiu a Benemérita, destacando que a investigación continúa á espera de novas actuacións.

FEITOS

O corpo da muller, veciña de Vigo, foi descuberto de forma casual o pasado novembro por un transportista que baixou do seu vehículo na zona e viuno. O cadáver, vestido con roupa escura e sen pertenzas ou documentación, estaba oculto detrás dun colector e dun peche de pedras dunha leira, entre a maleza.

Tratábase, no entanto, dunha zona bastante concorrida por vehículos, especialmente polo día, xa que enfronte hai un taller, e pouco máis aló, a estación de ITV do polígono.

ÚLTIMAS

Centos de persoas saen á rúa en Vigo contra a crise da vivenda: “Nin unha Maricarmen máis”

Centos de persoas concentráronse este luns na Porta do Sol de Vigo, convocadas pola...

Vigo suspende por sorpresa a licitación do bus urbano, o maior contrato da súa historia

O Concello de Vigo publicou este luns na Plataforma de Contratación do Estado o...

A Xunta acorda a expropiación de case 15 hectáreas de monte comunal en Mos para a cidade deportiva do Celta

O Diario Oficial de Galicia (DOG) recolle este luns a resolución da Consellería de...

A UVigo supera o 100 % de ocupación nos graos e suma 3.883 novas matrículas

A Universidade de Vigo (UVigo) alcanzou unha taxa de ocupación do 103 % na...