InicioVigo e contornaO PorriñoPetición de máis seguridade na A-55 no pleno de Mos e a...

Petición de máis seguridade na A-55 no pleno de Mos e a gratuidade da peaxe da AP-9 no Porriño

"A autovía A-55 Vigo-O Porriño é a vía máis perigosa de Galicia e a autovía con máis accidentes de España" di a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno do Concello de Mos aprobou este mércores por unanimidade unha moción, presentada polo equipo de goberno (PP), dirixida ao Ministerio de Transportes para esixirlle o “óptimo” mantemento da A-55 para garantir a súa seguridade e a gratuidade da peaxe da AP-9 do Porriño.

“A autovía A-55 Vigo-O Porriño é a vía máis perigosa de Galicia e a autovía con máis accidentes de España. Está nun estado deplorable, co firme da estrada totalmente esnaquizado en todo o viario en xeral e ao seu paso por Mos en particular, onde unha gran fochanca leva pondo en perigo desde hai semanas aos 60.000 condutores que utilizan cada día a autovía”, lamentou a alcaldesa Nidia Arévalo.

Ela lembrou que esta vía é das máis perigosas e con maior sinistralidade de España, ademais dunha das máis lucrativas en relación á imposición de multas.

Un total de 57.180 multas anuais que só recadando unha sanción mínima de 50 euros por cada unha suman case tres millóns de euros que, como mínimo, deberían ser reinvestidos nun óptimo mantemento do firme”, lamentou Arévalo.

A moción inclúe varios acordos nos que se insta ao Goberno a establecer a gratuidade da peaxe do Porriño da AP-9 como a solución “máis rápida e inmediata” para reducir a sinistralidade.

ÚLTIMAS

Fin á folga en Radioloxía en Vigo: o Sergas acepta sumar un terceiro médico de garda

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) e radiólogos de Vigo alcanzaron este xoves un...

Morre apuñalado un home na antiga estación de bus en Vigo

Un home faleceu na tarde deste xoves en Vigo tras ser apuñalado na contorna...

Caballero arremete e eleva a batalla polo Mundial 2030: “A Xunta non quere pagar Balaídos”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu cargar contra a Xunta, asegurando que "non...

Vigo paraliza idea dunha facultade de Medicina tras o preacordo para a docencia descentralizada

A Xunta de Galicia e os reitores das tres universidades galegas acadaron un preacordo...