InicioVigo e contornaMosOs empresarios de Mos ameazan cunha fuga de empresas para o outro...

Os empresarios de Mos ameazan cunha fuga de empresas para o outro lado do Miño

Estudan ofertas para trasladarse a Valença ante a multiplicación dos prezos no polígono de Monte Faquiña.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os empresarios de Mos ponderan marchar para o outro lado da Raia se non se manteñen os prezos do lado galego. Así o vén de apuntar a asociación Empresariado Galego nun comunicado achegado a Xornal de Vigo, no que detallan os contactos entre estes empresarios do concello pontevedrés co Presidente da Cámara de Valença do Minho, Manuel Rodríguez Lopes.

Estes movementos corresponden a empresarios asentados nos terreos do polígono de Monte Faquiña, en Mos. Segundo detallan, as pretensión de cruzar o Miño para establecer as dúas industrias derivan dos “sobrecustos” que a Comunidade de Montes do Tameiga pretende impoñer nos terreos. De acordo cos empresarios, a plataforma conta coa “pretensión de subir o prezo do canon” “sen respectar os acordos das empresas co anterior propietario”. A alza dos custes chega, nalgúns casos, ata o 1.200%.

Os ventos parecen soprar máis favorables do lado de Valença. Alí, o presidente da Cámara municipal ofreceu aos empresarios mosenses terreo industrial no Polígono da localidade, no cal hai xa planificada unha segunda fase de 400 hectáreas. “Estes terreos estarían dotados con todos os servizos dun polígono industrial como rede de fibra óptica de última xeración, gas natural, electricidade e saneamento. Son terreos que se entregan listos para construír as naves empresariais, en propiedade e a 20 euros o metro cadrado”, detallan os empresarios.

Ao parecer, o presidente da cámara comprometeuse ademais a conceder a licenza de construción e actividade en só 8 días, segundo detallan os empresarios, de aí que estes estean a “estudar” a proposta “non só no prezo do terreo en propiedade, senón tamén na concesión da licenzas, evitando a excesiva burocracia da parte galega”.

Con todo, os empresarios que acudiron á reunión aseguran ser partidarios de continuar coas empresas en Monte Faquiña. O seu obxectivo pasa por que os prezos de alugueiro do terreo se manteñen dentro do mercado. “No seu día as concesións do Concello de Mos, salvo casos puntuais, foron sobre chan, sendo as propias empresas as que construíron as naves, camiños e infraestruturas que agora a Comunidade de Montes pretende cobrar ao interpretar que pasaron a ser da súa propiedade”, detalla.

ÚLTIMAS

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...

A borrasca Josep provoca a suspensión do transporte de ría en Vigo

As malas condicións meteorolóxicas levaron a suspender o transporte de ría en Vigo, onde...

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...