InicioCulturaUxía canta na Guarda en denuncia da violencia contra as mulleres

Uxía canta na Guarda en denuncia da violencia contra as mulleres

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xoves día 19 de xullo ás 21:00h a Praza do Reló da Guarda será o escenario da actuación
da cantante e artista Uxía, unha das maiores embaixadoras da música e da poesía galegas.
Esta actuación, baixo o título de «O Poder da Música» enmárcase dentro do programa
Mulleres en Acción Violencia Zero da Deputación de Pontevedra, coa música como
empoderamento e arma favorecedora da autoestima.

Unha intervención musical participativa na que se pide ao público que traia diferentes instrumentos de percusión (cunchas, pandeiretas, paus, etc.) “para formar parte dun canto colectivo cheo de forza, guiado por unha das voces máis populares de Galicia”, lembran desde a organización.

Uxía, nada en Mos no 1962 comezou a súa carreira artística no ano 1985 cando gañou o
primeiro premio do Festival de Bergantiños. Pouco tempo despois o grupo Na Lúa, un dos
grandes referentes do folk galego, produciu o seu primeiro disco, Foliada de marzo (1986),
que recolle a súa querenza pola música popular e a lírica galego-portuguesa. Un ano máis
tarde Uxía integrouse no grupo Na Lúa, co que gravou dous discos.

Cartel Mulleres en Acción/ Concello da Guarda

Na década dos noventa retomou a súa carreira en solitario, marcada polos seus continuos
intercambios e colaboracións con artistas de Portugal, Brasil, Mozambique, Cabo Verde ou
os Azores, establecendo lazos culturais entre Galicia e a comunidade lusófona.

Publicou doce álbums, nos que explora temas recorrentes coma a busca dun espazo para a voz da muller, o diálogo entre culturas, a poesía contemporánea galega ou a defensa da
identidade lingüística.

ÚLTIMAS

Familias e sindicatos manifestaranse para esixir profesores para alumnos ingresados en Saúde Mental no Cunqueiro: “Non nos queda outra”

Familias de Vigo planean unha manifestación para esixir á Xunta de Galicia profesores para alumnos ingresados...

Un accidente múltiple provoca colas quilométricas na AP-9 á entrada de Vigo

Un accidente múltiple, no que ata catro vehículos víronse implicados, provocou na tarde deste...

Un proxecto da UVigo realiza traballos na ‘raia’ para diminuír o risco de grandes incendios

O proxecto Firepoctep+, liderado pola Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo (UVigo),...

Convocada unha manifestación por Resposta Feminista polo 25N en Vigo para que “a vergoña cambie de bando”

Resposta Feminista, unha plataforma nada en Vigo coa vocación de convocar mobilizacións unitarias do...