InicioSociedadeNegativos todos os casos sospeitosos dun colexio privado de Mos

Negativos todos os casos sospeitosos dun colexio privado de Mos

A dirección do centro lamentou que "unha medida preventiva" realizada con "o único obxectivo de dotar dunha maior seguridade unha complicada volta ao cole", puidese "xerar maior incerteza", e quixo trasladar ás familias unha "mensaxe de tranquilidade".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O colexio privado O Castro British School de Mos abrirá as súas aulas esta semana tras confirmarse que todos os casos sospeitosos de COVID do seu persoal deron negativo nas probas realizadas o fin de semana.

Segundo comunicou o propio centro educativo, tras detectarse unha vintena de casos sospeitosos de coronavirus nas probas serolóxicas, optouse por iniciar as clases de forma telemática este luns para os alumnos de Secundaria e Bacharelato.

No entanto, tras a realización das probas PCR o pasado fin de semana, informaron desde o colexio, todos eses casos resultaron ser “falsos positivos” e confirmouse que ninguén do persoal está afectado.

Por iso, O Castro British School abrirá as súas portas para a volta ás clases presenciais, despois de que este luns se completou o labor de desinfección das instalacións. Así, o mércores incorporaranse os alumnos de Secundaria e Bacharelato, mentres que o xoves farano os de Infantil e Primaria, segundo informou o director do colexio, Dominic Abbott.

A dirección do centro lamentou que “unha medida preventiva” realizada con “o único obxectivo de dotar dunha maior seguridade unha complicada volta ao cole”, puidese “xerar maior incerteza”, e quixo trasladar ás familias unha “mensaxe de tranquilidade”.

Finalmente, O Castro British School subliñou que todo o seu equipo está “a traballar duro” para facer fronte ás posibles situacións que poida deparar a pandemia de COVID, co fin de ofrecer aos alumnos as “máximas garantías” e, aínda que o regreso presencial ás aulas é “o escenario desexado para todos”, tamén están preparados “para dar continuidade á educación dos alumnos en modalidade ‘en liña’ se fose preciso”.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...