InicioSucesosChoque entre dous camións e un autobús en Mos sen feridos

Choque entre dous camións e un autobús en Mos sen feridos

Para asegurar as condicións de seguridade na autovía, foi preciso restrinxir o tráfico de vehículos nun carril de circulación.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha colisión múltiple ocorrida na mañá deste venres no termo municipal de Mos con dous camións e un autobús implicados saldouse sen feridos.

Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar no punto quilométrico 8 da A-55, en sentido a Vigo. Para asegurar as condicións de seguridade na autovía, foi preciso restrinxir o tráfico de vehículos nun carril de circulación.

Foi a condutora do autocar quen alertou ao 112 Galicia do accidente ás 9,20 horas deste venres, tras o que se pasou o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e ao Servizo Municipal de Emerxencias.

As mesmas fontes de emerxencias sinalaron que as persoas que viaxaban no coche de liña esperaron a chegada doutro autobús para completar o seu traxecto.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...

O PP de Vigo esixe a dimisión de Patricia Rodríguez polo “caos” na Policía Local e a frota coa ITV caducada

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, denunciou o "desgoberno" e o "caos...