InicioSucesosDetido na avenida do Aeroporto un condutor de patinete que circulaba drogado...

Detido na avenida do Aeroporto un condutor de patinete que circulaba drogado e cun transportín cunha ave exótica

O home, L.J.A.V., natural de Mos e 45 anos de idade, foi detido como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao circular drogado e con máis de 20 gramos de estupefacientes enriba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo o pasado sábado, día 12 de xullo, a un home, L.J.A.V. de Mos e 45 anos de idade, como suposto autor dun delito contra a saúde pública ao circular drogado e con máis de 20 gramos de estupefacientes. Foi sobre as 09.00 horas cando os axentes observaron como o home circulaba co seu patinete pola avenida do Aeroporto portando auriculares e levando un transportín cunha ave exótica.

Ao darlle o alto, os funcionarios decatáronse de que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de drogas, polo que se lle realizou unha proba, dando positivo en alcol e en cocaína. Ademais, nun cacheo superficial, atopáronse máis de 4 gramos de cocaína, 18 de haxix e un de marihuana, sendo detido.

ÚLTIMAS

Vigo prepara un protocolo ante as inundacións: cortes de tráfico en Balaídos, Citroën e outras zonas de risco

O Concello de Vigo aprobou un novo protocolo permanente de actuación ante episodios de...

O TSXG dálle a razón ao Porriño fronte a Vigo: anula os cobros pola auga da presa de Eiras

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación presentado...

Competencia detecta indicios de prácticas irregulares no contrato de 470 millóns do bus urbano de Vigo

A contratación pública constitúe un dos principais mecanismos polos que as administracións deciden como...

Orden de busca e captura dunha empregada do fogar que subtraeu xoias por case 75.000 euros dunha vivenda en Vigo

A Quinta Sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, ordenou a...