InicioVigo e contornaMosExcarceran unha condutora tras saír da vía en Mos

Excarceran unha condutora tras saír da vía en Mos

PUBLICADO O

- Advertisement -

A condutora dun turismo resultou ferida e tivo que ser excarcerada tras saírse da vía, na A-55, ao seu paso polo concello pontevedrés de Mos.

Segundo informou o 112, foi un condutor dun autobús o que ao fío das 14,45 horas deu o aviso e informou de que a muller necesitaba axuda xa que estaba atrapada no interior.

A central de emerxencias alertou ao persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Vigo e do Porriño e aos efectivos do GES de Mos.

Ademais, ata o punto desprazáronse os axentes da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e o persoal do servizo de mantemento de estradas. Finalmente, a muller foi evacuada ao centro hospitalario de referencia.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...