InicioVigo e contornaMosUnha persoa resulta ferida en Mos tras envorcar co seu vehículo na...

Unha persoa resulta ferida en Mos tras envorcar co seu vehículo na autovía

Xa no transcurso das primeiras chamadas os alertadores indicaron que o vehículo implicado dera varias voltas de campá antes de deterse envorcado sobre o asfalto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida este xoves en Mos tras envorcar co seu vehículo na autovía ao seu paso pola parroquia de Tameiga.

Segundo informou o 112, o servizo recibiu diversas chamadas de particulares ao redor das 9,30 horas para alertar do accidente, que ocorreu no quilómetro 12 e en dirección sur.

Xa no transcurso das primeiras chamadas os alertadores indicaron que o vehículo implicado dera varias voltas de campá antes de deterse envorcado sobre o asfalto. Tamén, que o seu ocupante conseguira saír ao exterior polo seu propio pé, tras o que foi atendido polos servizos sanitarios.

Neste operativo participaron o persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local de Mos e os servizos de mantemento da autovía.

CORTE NA A-55 POR UN CAMIÓN AVARIADO

Doutra banda, ás 10,45 horas comunicóuselle ao 112 que un camión quedara avariado no quilómetro 11 da A-55, ao seu paso por Petelos, e obstaculizaba a circulación.

Desde o 112 informouse os Bombeiros do Porriño, ao GES, Policía Local e Protección Civil de Mos, á Garda Civil de Tráfico e aos servizos de mantemento da estrada.

Unha vez no punto, os axentes da Garda Civil de Tráfico procederon a cortar o carril afectado para proceder cos traballos de limpeza da vía, nos que participaron os Bombeiros e o GES, finalizando a súa intervención pasado o mediodía.

ATROPELO A UNHA EMBARAZADA EN VIGO

Por último, o servizo informou tamén dun atropelo a unha embarazada en Vigo, que foi alcanzada por un coche na avenida de Alcalde Lavadores. A implicada tivo que ser atendida polo persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

O servizo recibiu o aviso antes das 9,30 horas, cando unha condutora que estaba implicada no accidente chamou para detallar o acontecido: acababa de chocar por detrás con outro vehículo, que á súa vez impactou contra a muller ferida. Ademais dos servizos sanitarios, tamén se desprazou ao lugar a Policía Local.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...