InicioMedio Ambiente e PatrimonioPonte Caldelas acaba de rexistrar 30 terremotos en menos de 12 horas

Ponte Caldelas acaba de rexistrar 30 terremotos en menos de 12 horas

Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), entre as 18:36 horas do martes 15 de maio e as 5:51 horas deste mércores rexistráronse neste municipio 30 sismos de entre 3,1 e 1,5 graos na escala de Richter.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A provincia de Pontevedra rexistrou 32 terremotos entre a tarde do martes e a madrugada deste mércores, 30 deles no municipio de Ponte Caldelas, cunha intensidade máxima de 3,1 graos na escala de Richter. De tódolos xeitos, o Instituto Xeográfico Nacional considera que “a probabilidade” de que haxa un sismo “grande” na zona é “bastante baixa”.

Segundo os datos rexistrados polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN), entre as 18:36 horas do martes 15 de maio e as 5:51 horas deste mércores rexistráronse 32 sismos de entre 3,1 e 1,5 graos na escala de Richter.

Fontes do Instituto Xeográfico Nacional explicaron a Europa Press que “a natureza é así” e recalcaron que nesa zona da provincia de Pontevedra “non hai ningunha falla coñecida”.

Por iso, o IGN enmarcou esta “serie de terremotos” dentro do normal e as mesmas fontes consultadas incidiron en que “a probabilidade” de que haxa un sismo “grande” é “bastante baixa”, pero non se pode “descartar ao 100%”.

Só un foi SENTIDO POLA POBOACIÓN

Neste sentido, as mesmas fontes do IGN resaltaron que da trintena de sismos rexistrados en doce horas, “só un foi sentido pola poboación”, o rexistrado ás 20:01 horas do martes a 11 quilómetros de profundidade en Ponte Caldelas, con 3,1 graos na escala de Richter.

“Esta serie sísmica non sabemos onde vai”, admitiron as mesmas fontes, que lembraron que noutras zonas de Galicia, como en Porto do Son (A Coruña), rexistráronse en ocasións anteriores series similares á de Ponte Caldelas.

“É un pouco para estar alerta”, abundaron, para insistir en que “non é preocupante”. “Estaremos atentos e vixiarémolo”, aseguraron.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...