InicioSucesosPiden 9 anos por drogar e roubar a un matrimonio de anciáns...

Piden 9 anos por drogar e roubar a un matrimonio de anciáns en Vigo

Tamén tentaron estafar ao home cunha suposta venda dunha colección de moedas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Penal 3 de Vigo acolle este mércores un xuízo contra catro acusados de drogar a un matrimonio de septuaxenarios veciños da cidade para roubar no seu domicilio, e de enganar ao home para que lles entregase diñeiro en efectivo tras acompañalo a unha entidade bancaria.

Segundo o escrito de Fiscalía, os feitos remóntanse a abril de 2020, cando dous dos acusados presentáronse no domicilio das vítimas ataviados con batas brancas, luvas e máscaras, facéndose pasar por persoal sanitario, mentres os outros dous facían labores de vixilancia fóra da vivenda.

Unha vez no interior do domicilio, os acusados deron á muller unha mestura de benzodiacepinas e éxtase, provocando que caese inconsciente e se lesionara nun pé. Mentres, maniataron ao seu home e esixíronlle que lles dixese onde gardaba diñeiro e obxectos de valor.

Os ladróns lograron facerse con 4.000 euros en efectivo, así como dous reloxos de ouro Cartier e varias xoias. Antes de fuxir, tamén drogaron ao home.

INTENTO DE ESTAFA

Meses despois, en xaneiro de 2021, dous dos acusados, que coñecían ao prexudicado (debido a que xa fixeran con el transaccións económicas relacionadas coa actividade numismática), convencérono para que lles acompañase a unha entidade bancaria a retirar 3.000 euros que lles debía entregar a cambio dunha suposta colección de moedas. O ancián, que tiña deterioración cognitiva, sacou o diñeiro pero, no último momento, botouse atrás e ordenou o seu reingreso.

Dous días despois, os sospeitosos volveron tentalo e de novo convencérono para ir ao banco a sacar os 3.000 euros, e mesmo tentaron que os empregados puxesen a un deles como persoa autorizada na conta da vítima. Nesa ocasión, o propio persoal da entidade financeira avisou á Policía.

DELITOS E PENAS

Por estes feitos, a Fiscalía considera ao catro acusados autores dun delito de roubo con violencia en casa habitada, facendo uso de medio perigoso; dun delito menos grave de lesións; e dun delito leve de lesións. Todo iso coas circunstancias agravantes de uso de disfrace e abuso de superioridade, e de reincidiencia no caso dun dos procesados.

ÚLTIMAS

Hosteleiro libanés de Vigo expulsa un grupo de turistas israelís por mal comportamento no seu restaurante

Un hosteleiro libanés que rexenta un restaurante en Vigo expulsou a un grupo de...

Vigo anuncia que inicia os trámites para unha ordenanza sobre vivendas de uso turístico

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o Concello iniciou a tramitación dunha...

OPINIÓN.- Unha cidade para quen a fixo grande

O Partido Popular de Vigo vén de propoñer que a antiga estación de autobuses...

Stellantis fai a última porposta para pagar a prima variable cun novo marco regulador

A dirección de Stellantis Vigo trasladou este xoves a sindicatos a súa última proposta...