InicioSociedadeO xulgado revoga o laudo que anulaba as eleccións en Stellantis Vigo...

O xulgado revoga o laudo que anulaba as eleccións en Stellantis Vigo e declara a validez do proceso

O sindicato CUT impugnou o proceso, alegando que non houbera liberdade de voto

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado do Social número 1 de Vigo ditou sentenza na que estima as demandas de Stellantis e dos sindicatos CC.OO., UXT e SIT, e revoga o laudo arbitral que anulaba as eleccións sindicais na planta, declarando válidos eses comicios.

As eleccións celebradas na planta os pasados días 13 e 14 de outubro deron como resultado un comité formado por 21 delegados do SIT, 4 de UXT, 3 de CUT e 3 de CC.OO. O sindicato CUT impugnou o proceso, alegando que non houbera liberdade de voto, xa que houbo electores que acudiron acompañados a recoller as papeletas ás mesas auxiliares, onde non había cortinas como no caso das cabinas, e puido haber algún tipo de coacción ou condicionamento.

Un laudo arbitral deu inicialmente a razón ao sindicato e declarou nulas as eleccións, obrigando a repetir do proceso. A empresa e os sindicatos CC.OO., UXT e SIT acudiron ao xulgado para oporse a esa decisión e o xulgado mantivo en suspenso o laudo ata resolver sobre o fondo do asunto.

Na sentenza coñecida este xoves, e que data do 23 de xaneiro de 2023, o xuíz estima as demandas interpostas e declara válidas as eleccións. O maxistrado recolle na súa resolución que o voto secreto nun proceso electoral “é un dereito” pero “non un deber” e que os electores tiñan a posibilidade de recoller as papeletas en cabinas pechadas para evitar que se coñecese a súa opción.

Así mesmo, establece que, o feito de que se constatou a presenza de máis dun elector simultaneamente nalgunhas mesas auxiliares, non quere dicir que ocorrese en todas, nin que se producisen coaccións. “A ilegalidade non pode presumirse, debe acreditarse”, sinala na sentenza. Contra a sentenza non cabe recurso.

ÚLTIMAS

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...

‘Contra o negacionismo da violencia machista’, lema dos actos do 25N en Vigo

O Concello de Vigo presentou este luns a súa programación con motivo do 25N,...