InicioSociedadePetición de máis de tres anos de cadea para o apoderado dunha...

Petición de máis de tres anos de cadea para o apoderado dunha empresa por delito tributario e falsidade

A sociedade traballaba no sector de fornecemento de buques mais o acusado "finxiu" que ampliaba a actividade á compravenda de peixe, emitindo facturas sen correspondencia con operacións reais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide case tres anos e medio de prisión para o apoderado dunha empresa de Vigo ao que acusa dun delito contra a Facenda Pública en grao de tentativa e un delito continuado de falsidade en documento mercantil.

Na vista, celebrada polo xulgado do Penal 2 de Vigo este martes na macrosala da nova Cidade da Xustiza (na que tanto o tribunal como as partes lamentaron a mala calidade do son polo eco), sentáronse no banco dos acusados este apoderado, ademais doutros dous acusados pola Axencia Tributaria, tamén vinculados á rede de sociedades á que pertencía a empresa onde traballaba o primeiro dos procesados.

Segundo o escrito de acusación da Fiscalía, este apoderado exercía realmente como administrador da empresa e manexa as súas contas bancarias. Así, aínda que a sociedade traballaba no sector de fornecemento de buques, o acusado “finxiu” que ampliaba o seu campo de actividade á compravenda de peixe, emitindo facturas que non se correspondían con operacións reais.

Deste xeito, emitíronse case unha vintena de facturas ao longo de 2015, por un valor total de 1,6 millóns de euros. Ao facer as declaracións do IVE, os documentos presentados pola empresa recollían o IVE soportado por esas facturas falsas, de modo que a sociedade reclamou a Facenda a devolución de case 136.000 euros.

A Fiscalía sostén que a Axencia Tributaria devolveu á empresa indebidamente só 26.289,84 euros, xa que paralizou os trámites ao detectar as irregularidades. Por todo iso, acusa ao apoderado e á sociedade de delitos tentados contra a Facenda Pública, e no caso do primeiro, tamén de falsidade documental.

Para o apoderado pide un total de 3 anos e 4 meses de prisión, ademais da prohibición de optar a subvencións ou incentivos fiscais durante dous anos e medio (mesma prohibición que reclama para a empresa). A estas penas súmase a petición dunha multa de 25.000 euros para a empresa, e multas que suman 28.240 euros para o apoderado.

Con respecto á responsabilidade civil, os dous acusados deberán indemnizar conxuntamente á Axencia Tributaria en 26.289,94 euros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...