InicioSociedadeAs oficinas de Estranxeiría colaborarán coa Fundación Juan Soñador de Vigo para...

As oficinas de Estranxeiría colaborarán coa Fundación Juan Soñador de Vigo para a efectiva integración das persoas migrantes

A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, reuniuse este luns coa responsable da Fundación Juan Soñador en Vigo, Noelia Soto, para coñecer de primeira man o prpoyecto Teranga de Atención a Persoas Migrantes, e trasladou a "máxima colaboración e diálogo permanente" das oficinas de Estranxeiría con esta iniciativa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba, reuniuse este luns coa responsable da Fundación Juan Soñador en Vigo, Noelia Soto, para coñecer de primeira man o prpoyecto Teranga de Atención a Persoas Migrantes, e trasladou a “máxima colaboración e diálogo permanente” das oficinas de Estranxeiría con esta iniciativa.

O programa da Fundación persegue a efectiva integración social, cultural e laboral das persoas migrantes, e Maica Larriba ofreceu a cooperación da administración para fortalecer relacións con este tipo de entidades e proxectos.

Larriba destacou a canle electrónica como vía de comunicación máis efectiva posta a disposición polas oficinas de Estranxeiría, xa que moitos trámites poden facerse na sede electrónica, evitando a cita previa ou presencial, e axilizando así moitos procedementos e tempos de resolución.

No caso da oficina de Vigo, dispón ademais dun servizo de consultas a través de mail dirixido a persoa migrantes e organizacións como a Fundación Juan Soñador, que traballan con este colectivo. Este servizo permite aos usuarios recibir resposta directa e automática a case un centenar de preguntas e consultas frecuentes.

“Todas estas melloras na administración electrónica e atención á cidadanía permiten que, a día de hoxe, as oficinas de Estranxeiría da provincia resolvan o 97 % dos expedientes antes do prazo legal establecido”, recalcou a subdelegada do Goberno en Pontevedra.

ÚLTIMAS

Axentes e funcionarios denuncian as condicións “extremas” de calor na Comisaría de Vigo

Medio centenar de axentes e funcionarios da Comisaría de Vigo-Redondela, convocados polos sindicatos policiais...

Detido en Vigo por unha agresión á súa parella

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 47 anos de...

Confirmados 4 anos de cárcere para un home que extorsionou a unha muller

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a sentenza da sección quinta...

OPINIÓN.- Riscos ambientais e patrimonio local na Barroca de Navia

As ondas de calor soportadas no mes de xuño mostran con claridade a anomalía...