InicioVigo e contornaVigoCaballero sobre os investimentos na casa consistorial viguesa: "Doulle prioridade aos cidadáns"

Caballero sobre os investimentos na casa consistorial viguesa: “Doulle prioridade aos cidadáns”

O alcalde vigués recoñeceu que o Concello de Vigo, inaugurado no ano 76 polo rei Juan Carlos I, ten serias deficiencias, pero proclamou: "Eu decidín que gastaba o diñeiro de Vigo para a xente de Vigo".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso este luns das críticas do comité de persoal do Concello sobre a falta de funcionarios e as deficiencias nas instalacións municipais, e explicou que non se inviste máis en reformas porque dá “prioridade” ao gasto para os cidadáns, como as humanizacións de rúas ou as axudas a persoa vulnerables.

Así o trasladou nunha rolda de prensa, en resposta a preguntas dos medios sobre as declaracións do comité de persoal, que acusou o rexedor de non respectar aos traballadores municipais nin aos seus representantes.

O alcalde recoñeceu que o Concello de Vigo, inaugurado no ano 76 polo rei Juan Carlos I, ten serias deficiencias, pero proclamou: “Eu decidín que gastaba o diñeiro de Vigo para a xente de Vigo”.

Caballero indicou que si se está investindo nos parques de bombeiros, e estanse facendo melloras no edificio consistorial, pero el dá “prioridade aos cidadáns, ás súas rúas, ao campo do Celta, a accións de política social, …”. Así mesmo, engadiu, cuestionado sobre se recibirá ao comité, que os representantes dos funcionarios teñen “reunións permanentes” coa concelleira de Persoal.

Tamén lembrou o rexedor olívico que tentou comprar á Xunta o edificio da Pinga de Leite para sede da Policía Local e o goberno galego negouse. “Non vin que o comité de persoal protestase entón”, apostilou.

A reforma integral do Concello de Vigo e a súa contorna é un proxecto anunciado desde hai anos. En 2009 o goberno local encargou ao arquitecto Rafael Moneo que deseñase unha actuación (un traballo polo que cobrou case 120.000 euros) pero esta nunca se fixo realidade, e iso a pesar de que, algúns anos despois, Abel Caballero insistía en que o proxecto Moneo seguía “vivo” e á espera de que acabase a crise económica de entón.

O pasado ano 2022, o alcalde anunciou unha reforma integral da fachada do edificio, para a que se optaba a varios millóns de euros de fondos europeos, e chegou a explicar que se convocaría un concurso de ideas para levar a cabo esa operación de rehabilitación.

ÚLTIMAS

Enfróntase a máis de 16 anos de cárcere acusado de violar e roubar a unha muller á de traballar dun hospital de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro...

Os servizos emerxencias traballan na extinción dun incendio nun cortello da avenida Ricardo Mella

Os servizos de emerxencias traballan na extinción dun incendio declarado nun cortello da avenida...

Detido en Vigo un home por dous ataques consecutivos á Policía Local nun só día

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un cidadán estranxeiro, A.M., de 30...

Detido en Vigo con haxix, cocaína e máis de 1.300 euros en efectivo

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...