InicioSucesosAuxiliada unha nonaxenaria en Vigo tras sufrir unha caída no seu domicilio...

Auxiliada unha nonaxenaria en Vigo tras sufrir unha caída no seu domicilio e quedar atrapada

Os servizos de emerxencia axudaron este venres a unha nonagenaria que sufriu unha caída e quedou atrapada entre dúas paredes do seu domicilio situado na rúa Casal, en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencia axudaron este venres a unha nonaxenaria que sufriu unha caída e quedou atrapada entre dúas paredes do seu domicilio situado na rúa Casal, en Vigo.

Segundo trasladou o 112 Galicia, sobre as 18,15 horas, unha veciña deu a voz de alarma á central de emerxencias indicando que unha muller necesitaba axuda tras caer desde uns dous metros de altura despois de ceder o chan do inmoble e quedar atrapada entre dúas paredes nunha posición de difícil acceso.

Con esta información, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mobilizou ata o lugar aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos Bombeiros de Vigo.

Xa no punto, os servizos de emerxencia liberaron á afectada, que puido recibir asistencia por parte do equipo médico desprazado. O 112 Galicia confirmou que as forzas da orde tratan de aclarar as circunstancias deste suceso.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...