InicioSociedadeCorre que voan: Máis de 12.500 prazas a 5,25 euros para viaxar...

Corre que voan: Máis de 12.500 prazas a 5,25 euros para viaxar en tren entre Vigo e O Porto

Renfe e Comboios de Portugal ofrecen desde o vindeiro luns, día 16 de xaneiro, e ata o 30 de abril un total de 12.600 prazas promocionais nos trens que unen as cidades de Vigo e O Porto.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Renfe e Comboios de Portugal ofrecen desde o vindeiro luns, día 16 de xaneiro, e ata o 30 de abril un total de 12.600 prazas promocionais nos trens que unen as cidades de Vigo e O Porto.

O Tren Celta conta con catro traxectos diarios, dous en cada sentido, e xa se poden atopar asentos ofertados a 5,25 euros. Os billetes pódense adquirir a través de todas as canles de venda oficiais de Renfe.

Segundo informou Renfe nun comunicado, o prazo da promoción abarca períodos nos que se espera unha maior mobilidade de viaxeiros, para planificar as viaxes de Semana Santa ou Entroidos.

Tren Celta Vigo-O Porto conta con dúas frecuencias diarias con saída de Vigo ás 8.58 e ás 19.56 e chegada a Oporto ás 10.20 horas e ás 21.18 horas, respectivamente.

Pola súa banda, os trens da liña O Porto-Vigo saen da cidade portuguesa ás 8.13 horas e ás 19.10 horas e chegan a Vigo ás 11.35 horas e ás 22.34 horas, respectivamente.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...