InicioSucesosPetición de seis anos de prisión para dous acusados por querer prexudicar...

Petición de seis anos de prisión para dous acusados por querer prexudicar a un opositor a bombeiro

Segundo Fiscalía, a intención era prexudicar a esta persoa nas súas aspiracións a superar a oposición ao corpo da cidade de Vigo, que se celebrou en 2018.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulgará o vindeiro mércores, día 11 de xaneiro, a dous acusados de tratar de prexudicar a un opositor a bombeiro no corpo da cidade olívica.

Para eles, Fiscalía pide ata seis anos de cárcere por dous delitos de revelación de segredos e unha multa duns 9.600 euros, ademais de suspensión para emprego e cargo público por tempo de tres anos e para o exercicio de función pública relacionada con rexistros informáticos.

Tal como recolle o Ministerio público no seu escrito, un dos acusados, bombeiro xubilado, solicitou á súa esposa, a outra acusada con posto de funcionaria policial na oficina de denuncias e atención ao cidadán, que accedese á base de datos co fin de obter información confidencial dun opositor ao corpo de bombeiros.

Segundo Fiscalía, a intención era prexudicar a esta persoa nas súas aspiracións a superar a oposición ao corpo da cidade de Vigo, que se celebrou en 2018. Por iso, a muller accedeu en varias ocasións ao informe, onde constaba unha orde de procura do Xulgado de Instrución número 3 de Cangas por un delito de tráfico de drogas, para proceder á investigación de paradoiro e domicilio.

Tras iso, trasladou esta información ao seu marido, o cal remitiu varias mensaxes a un axente de policía para a detención do novo. “Como o axente non outorgou a cooperación pretendida polo acusado, consistente en coordinar con Garda Civil unha operación de intervención contra o opositor e como a súa intención era prexudicarlle nos  exames, contactou co xefe de seguridade do Concello, membro do tribunal de oposicións”, recolle o Ministerio fiscal.

Así, este funcionario solicitou a un axente da Policía Local a súa colaboración en relación a un opositor en busca e captura, comprobando este axente que só era unha investigación de paradoiro. Por iso, acudiu unha patrulla ao lugar do exame para identificalo, “causándolle gran perturbación xa que nese momento estaba reclamando o resultado dunha proba física”. Por iso, Fiscalía tamén solicita unha indemnización de 6.000 euros polo dano moral causado.

ÚLTIMAS

Rescatadas seis persoas que se atopaban a bordo dun veleiro a 155 millas de Vigo

Gardacostas de Galicia, no helicóptero Pesca 1, rescatou este mércores a seis persoas que...

A CIG chama a lanzar un “berro de non á guerra coherente” este 1 de maio en Vigo

A CIG chama a lanzar un "berro de non á guerra" este 1 de...

O PP reprocha a Caballero que presuma de “potencia turística”

A presidenta do PP de Vigo e portavoz municipal 'popular', Luisa Sánchez, reprochou este...

A CIG convoca folga do Metal de Pontevedra para o 7 de maio pola falta de avances no novo convenio

O sindicato CIG avanzou este martes a convocatoria de folga no sector do Metal...