InicioSociedadeOs Reis Magos están pensando quedarse a vivir "na cidade co mellor...

Os Reis Magos están pensando quedarse a vivir “na cidade co mellor Nadal do mundo”, según Caballero

Vigo foi a primeira cidade de España en recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar.

PUBLICADO O

Melchor, Gaspar e Baltasar encheron as rúas e avenidas de toda Galicia de ilusión e toneladas de caramelos. Miles de nenos cos sorrisos debuxados nos seus rostros (mesmo, algúns prantos) asistiron ás primeiras cabalgatas poscovid, que na tarde deste venres percorreron os municipios galegos acompañados de música e espectáculos cos seus personaxes animados favoritos.

En Vigo, foron preto de 35.000 as persoas que recibiron na mañá deste xoves aos Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar chegaron sobre as 11.00 horas á que foi a primeira cidade de España en recibilos.

Fixérono cunha cabalgata en formato estático, de catro horas de duración, situada na Avenida de Castelao. Alí, tamén lles deu a benvida o alcalde de Vigo, Abel Caballero.

Pola súa banda, a cabalgata tradicional, con saída prevista para as 17.30 horas, arrincou finalmente ás 17.54 horas desde a Avenida de Castelao.

Durante o percorrido, dun tres quilómetros, máis de 115.000 persoas, segundo asegurou Caballero, puideron saudar aos esperados Reis Magos que, acompañados de 11 carrozas de temática infantil e diversos grupos de animación, lanzaron ao público asistente un cinco toneladas de caramelos.

O desfile percorreu zonas da cidade olívica como Praza de América, López Moura, Pi i Margall e Paseo de Alfonso, onde As súas Maxestades de Oriente e o resto da comitiva descenderon das carrozas pasadas as 20.00 horas para continuar a pé ata a céntrica Porta do Sol.

Alí, o rexedor vigués obsequioulles coas chaves da cidade, non sen antes asegurar que “se están pensando en vivir en Vigo, a cidade que ten o mellor Nadal do planeta”.

Así mesmo o rexedor vigués declarou que “unhas 35.000 persoas viviron a cabalgata estática na mañá deste xoves e máis de 115.000 vigueses na cabalgata tradicional celebrada pola tarde”. “Isto é o que dá forza. Celebrar xuntos, divertirnos xuntos, traballar unidos e facer unha gran cidade. Vivan os Reis Magos!”, sentenciou.

Pola súa banda, en representación das súas Maxestades de Oriente, o Rei Melchor declarou estar “cheo de ilusión por entrar nas casas de todos os nenos”. “Vimos de moi lonxe pero aquí estamos para deixarvos a mellor das ilusións, os vosos agasallos, porque sabemos que vos portastes moi ben”, comentou.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...