InicioSociedadeA mostra de Beléns da Sede Afundación recibiu máis de 20.000 visitas

A mostra de Beléns da Sede Afundación recibiu máis de 20.000 visitas

O xurado destacou, en primeiro lugar, a satisfacción por atopar, tras 57 anos de convocatorias, novas propostas, materiais orixinais e universos creativos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Sede Afundación de Vigo manterá aberta ata o día 7 –con excepción do día 5– a mostra de todos os beléns presentados este ano ao seu concurso, que xa foi visitada por máis de 20.000 persoas.

Tal e como explicou a entidade, o Concurso de beléns de Afundación é “un referente na tradición cultural de Nadal en Galicia”, que este ano cumpre a súa edición número 57.

O premio na categoría xeral, a gañadora foi Guadalupe Soto Sanromán; o segundo recaeu en PP Somascos; e o terceiro, en Ballesol Pontevedra. Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio a CEE Saladino Cortizo; o segundo, ao belén presentado por Outeiro do Senón, e finalmente, o terceiro premio a Colexio Ángel de la Guarda.

O xurado destacou, en primeiro lugar, a satisfacción por atopar, tras 57 anos de convocatorias, novas propostas, materiais orixinais e universos creativos. Ademais, remarcou que a destreza coa que se abordan algúns traballos compleméntase coa ilusión que emana doutros, como no caso das mensaxes relativas á paz e á sustentabilidade.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...