InicioSucesosDetido en Vigo un condutor por triplicar a taxa de alcoholemia e...

Detido en Vigo un condutor por triplicar a taxa de alcoholemia e darse á fuga tras case embestir á Policía

De non ser porque os funcionarios invadiron a beirarrúa co vehículo, serían embestidos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo este mércores a un home, X.M.S.M, de 37 anos de idade, por conducir case triplicando a taxa de alcoholemia permitida e darse, posteriormente, á fuga tras case embestir a unha patrulla policial.

Segundo informou a Policía Local, os feitos tiveron lugar este mércores ás 00,40 horas cando unha patrulla policial observou, mentres realizaba labores de vixilancia e prevención no ámbito da Seguridade Viaria, como un condutor que circulaba pola Rúa Urzáiz facía uso dos sinais acústicos.

Nese instante, outro turismo realizou un xiro prohibido e accedeu a Vía Norte, un movemento co que, de non ser porque os funcionarios invadiron a beirarrúa co vehículo, fosen embestidos. O condutor, lonxe de pararse, proseguiu a súa marcha en dirección prohibida, a gran velocidade e dándose a fuga, en dirección á rúa Gregorio Fernández.

Os axentes iniciaron a súa persecución, activando os dispositivos ópticos e acústicos, para advertir do risco aos demais condutores, á vez que resaltaban a súa presenza. Ao chegar á rúa Gregorio Fernández, o home ascendeu novamente en sentido contrario para introducirse na praza de Fernando o Católico onde, ao realizar un xiro, os actuantes bloqueáronlle o paso cun vehículo policial.

O turismo freou bruscamente a poucos metros da patrulla, procedendo os funcionarios á inmovilización do turismo e posterior identificación do condutor. Durante a entrevista co home, os axentes comprobaron que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do consumo de bebidas alcohólicas.

Por iso, realizáronselle as probas de alcoholemia, nas que arroxou un resultado positivo de 0,69 e 0,70 mg/l de alcol por aire expirado, o que excede o límite legal, pasando de ser unha denuncia administrativa a unha infracción penal. Finalmente, a Policía Local detivo ao home pola suposta comisión dun delito contra a seguridade viaria.

ÚLTIMAS

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...

A acusación do accidente do Saltamontes critica que os investigados “bótanse as culpas”

Unha das acusacións personadas na causa polo accidente mortal da atracción Saltamontes, ocorrido en...

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

A Xunta anuncia 2.000 vivendas no parque Ofimático de Vigo, 35 para expropiados

A Xunta de Galicia prevé que as obras de construción de vivendas e as...