InicioMedio Ambiente e PatrimonioO 'WEC Vermeer', que verteu fronte a Ons uns 150 litros de...

O ‘WEC Vermeer’, que verteu fronte a Ons uns 150 litros de fuel, liberado

PUBLICADO O

- Advertisement -

Capitanía de Vigo levantou este mércores todas as medidas de retención do buque portacontedores ‘WEC Vermeer’, despois de que o propio capitán do buque confirmara o pasado día 11 de decembro, cando se atopaba a unhas 5 millas náuticas ao través da Illa de Ons, que tiña unha fuga interior producida nun tanque de combustible.

Segundo informou a Dirección Xeral da Mariña Mercante, o buque cumpriu con todos os requirimentos esixidos, que consistiron no depósito dunha garantía de 230.000 euros para facer fronte a unha posible sanción administrativa e a limpeza e reparación da avaría detectada.

O portacontedores ‘WEC Vermeer’ verqueu a seis millas de Ons uns 150 litros de fuel o pasado día 11, segundo as estimacións declaradas polo propio mercante no marco do expediente que abriu Capitanía Marítima polo accidente.

O sinistro non transcendeu ata o pasado martes pola alerta xerada entre os habitantes da Illa de Arousa coa chegada de galletas do combustible. Ese mesmo día, Capitanía ordenou a súa retención no porto de Vigo, establecendo un acordo con medidas provisionais que o armador tivo que cumprir. Unha vez verificado o seu cumprimento, o buque portacontedores poderá saír do porto de Vigo este mércores, con dirección a Portugal.

ÚLTIMAS

Abel Caballero acende “as luces de Nadal de todo o planeta”: Vigo estreará o seu espectáculo o 15 de novembro

A iluminación do Nadal de Vigo acenderase o próximo 15 de novembro, segundo desvelou...

O TSXG dá a razón ao Concello de Vigo no caso do concerto de Guns N’ Roses e evítalle pagar 1,5 millóns á promotora

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) estimou o recurso presentado polo Concello...

Caballero carga contra Rueda polo ‘non’ á Facultade de Medicina en Vigo: “Defende un privilexio feudal”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu arremeter este luns contra o presidente da...

Recollen xa o 75% do aceite de palma vertido no porto de Vigo

O dispositivo de limpeza posto en marcha tras o vertido duns 100.000 litros de...