InicioCulturaMacaco actuará en Vigo o 27 de xaneiro

Macaco actuará en Vigo o 27 de xaneiro

Presentará o seu novo álbum no Auditorio do Mar.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O cantante Macaco visitará Vigo o próximo 27 de xaneiro no marco da súa xira ‘Vóame o corazón’, onde interpretará cancións do seu novo álbum homónimo no cal ata 14 temas son colaboracións con artistas como Leiva, Fuel Fandango ou Álvaro Soler.

No disco, que fala sobre as relacións amorosas, a súa complexidade e a súa transcendencia, tamén aparecen as voces de artistas como Pedro Capó, Ana Mena, Tanxugueiras, Valeria Castro ou Rita Payés, entre outras moitas.

A partir do mes de xaneiro Macaco comezará a súa xira de teatros na que presentará por primeira vez, xunto á súa banda, estas cancións en directo. Unha das primeiras paradas será a cidade viguesa, onde actuará no Auditorio do Mar de Vigo o 27 de xaneiro. As entradas xa están dispoñibles na web do artista.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...