InicioSociedadeO orzamento da UVigo estará cerca dos 228 millóns de euros para...

O orzamento da UVigo estará cerca dos 228 millóns de euros para 2023

Na sesión do Claustro da UVigo, a primeira en formato 100% presencial tras a irrupción do coronavirus, o reitor da universidade, Manuel Reigosa, tamén presentou o informe anual da institución viguesa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A xerente da Universidade de Vigo (UVigo), Yolanda Lesmes, presentou este luns, durante a última sesión do ano do Claustro desta entidade, as liñas xerais do orzamento que a institución viguesa terá para 2023, cantidade que por primeira vez superará os 200 millóns de euros ata chegar aos 227.915.618 euros, un 14,7% máis que no exercicio anterior.

Segundo informou o Diario Oficial da UVigo (DUVI), este incremento vén derivado da firma do novo plan de financiamiento do Sistema universitario de Galicia (PFSUG) e do incremento na captación de fondos debido ás novas convocatorias para a investigación e dos fondos do Mecanismo para a Recuperación e a Resiliencia (MRR).

Na sesión do Claustro da UVigo, a primeira en formato 100% presencial tras a irrupción do coronavirus, o reitor da universidade, Manuel Reigosa, tamén presentou o informe anual da institución viguesa.

Así mesmo, aprobouse o informe preceptivo sobre a proposta de creación do Instituto de Agroecología e Alimentación. Ademais, presentouse o informe anual da Valedora Universitaria e o informe de seguimento e avaliación anual do Plan Estratéxico da UVigo, entre outros temas.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...