InicioSucesosDetido en Vigo por acoitelar e lanzar unha arma branca contra un...

Detido en Vigo por acoitelar e lanzar unha arma branca contra un familiar

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo detivo a un home, C.C.I de 45 anos de idade, por acoitelar e lanzar unha arma branca contra un familiar nunha leira pechada situada en Vigo.

Segundo fontes policiais, os feitos tiveron lugar o pasado luns, 5 de decembro, ás 18,00 horas, momento no que a Sala de Comunicacións do 092 recibiu a chamada dun particular que alertaba do sucedido no camiño Milladas.

Ata a zona trasladouse unha patrulla da Policía Local. Á súa chegada ao lugar, os actuantes atopáronse coa suposta vítima, un home de 40 anos de idade, que presentaba lesións na man esquerdo e no estómago.

O home manifestou aos axentes que, tras manter unha discusión cun familiar nunha leira pechada, foi agredido cun coitelo, arma branca que o agresor chegou a lanzar contra el. Por este motivo, viuse obrigado a fuxir rapidamente do lugar e pedir axuda na vía pública.

Os policías solicitaron unha ambulancia para atender á vítima, pero este negouse e asegurou que interporía a correspondente denuncia. Unha vez na leira onde se produciron os feitos, a Policía Local identificou ao presunto causante da agresión, que recoñeceu os feitos. Finalmente, o home foi detido pola suposta comisión dun delito leve de lesións con arma branca.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...