InicioMedio Ambiente e PatrimonioEliminan un punto de augas residuais urbanas ao río Lagares no concello...

Eliminan un punto de augas residuais urbanas ao río Lagares no concello de Vigo

A orixe estaba nunha deficiencia na rede de saneamento municipal que avanzaba pola rúa Baixada a Pontenova, que ocasionaba filtracións de augas residuais urbanas cara ao curso fluvial a través do propio muro de unión do río.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta comunicou que foi eliminado un punto de vertedura de augas residuais urbanas cara ao río Lagares, no concello de Vigo.

Segundo sinalou, as actuacións iniciáronse no transcurso da inspección levada a cabo por parte dos técnicos do Plan de Control de Verteduras, dependentes de Augas de Galicia, tras a notificación desde o 112 dunha vertedura na parroquia de San Tomé do Freixeiro que afectaba o río.

Así, os técnicos desprazados á zona localizaron a orixe da afección denunciada nunha deficiencia na rede de saneamento municipal que avanzaba pola rúa Baixada a Pontenova, que ocasionaba filtracións de augas residuais urbanas cara ao curso fluvial a través do propio muro de unión do río.

Ante esta situación, Augas de Galicia notificoulle a situación ao Concello de Vigo para que procedese a adoptar as medidas necesarias para emendar a contaminación.

Posteriormente, nunha nova inspección á zona, os técnicos da administración autonómica corroboraron a reparación da infraestrutura de saneamento municipal, polo que se emendou así a vertedura en condicións inadecuadas cara ao dominio público hidráulico.

ÚLTIMAS

A Plataforma fronte á Masificación Turística pide unha moratoria de licenzas para VUT

A Plataforma fronte á Masificación Turística de Vigo e O Morrazo dirixiuse por carta...

O PP de Vigo pide a Caballero que deixe as “ambigüidades” sobre a biblioteca de Teis

O grupo municipal do PP no Concello de Vigo esixiu ao alcalde, Abel Caballero,...

O BNG volve pedir a retirada do busto de Juan Carlos I da entrada do Concello de Vigo

O BNG de Vigo volveu a reclamar este luns a retirada "permanente e definitiva"...

Detido en Vigo por ameazar cun coitelo a outro home durante unha pelexa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 25 anos de...