InicioSociedadeO PP de Vigo pide explicacións ao goberno local por deixar caducar...

O PP de Vigo pide explicacións ao goberno local por deixar caducar o convenio de reforma da Avenida de Madrid

O convenio foi asinado fai seis anos e que terminará a súa vixencia o próximo 31 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O PP de Vigo pediu este martes explicacións ao goberno local por deixar caducar o convenio de reforma da Avenida de Madrid asinado fai seis anos e que terminará a súa vixencia o próximo 31 de decembro.

Nun comunicado, os ‘populares’, vigueses criticaron o “deixamento e a falta de vontade” do Concello olívico para executar unha obra que segue “eternizándose no tempo”, a pesar de que en 2016 a entón ministra de Fomento Ana Pastor comprometeu un investimento de 13,5 millóns de euros.

O portavoz municipal do PP, Alfonso Marnotes, mostrouse moi crítico con que esta vía de conexión con Portugal e a meseta, e unha das principais arterias de entrada á cidade de Vigo, siga pendente dunha data concreta para a súa execución.

Neste sentido, aínda que Martones recoñeceu entender, en termos de colapso, o que implicaría compaxinar os traballos na Avenida de Madrid cos que se están executando na Gran Vía e a rúa Lepanto (principal argumento esgrimido pola corporación local para xustificar a súa paralización), cuestionou que nunha lexislatura e media “non se desen en ningún momento as condicións para acometer esta obra”.

O PP de Vigo lembrou que o Goberno de Mariano Rajoy “soubo atender esta necesidade”, que foi ratificada en 2019 polo Executivo de Pedro Sánchez cunha adenda que establecía novo financiamento e prazos. “Desde entón non se volveu a activar a reforma”, lamentou Marnotes.

ÚLTIMAS

Paus, tubos, ferros e cadeiras… así foi a batalla campal entre siareiros do Celta e do Olimpique de Lyon

O Real Club Celta condenou os incidentes violentos ocorridos nas últimas horas na cidade,...

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...