InicioEconomíaZona Franca busca con axentes sociais e económicos da área de Vigo...

Zona Franca busca con axentes sociais e económicos da área de Vigo establecer futuras liñas de traballo

Regades destacou que "estas mesas de traballo foron de moita utilidade para coñecer as necesidades de cada área e para converter o Plan Estratéxico da provincia nun dos alicerces para o crecemento económico da rexión".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Consorcio Zona Franca de Vigo analizou este xoves con axentes sociais e económicos da área da cidade olívica sectores como o turismo, a industrialización, as infraestruturas, así como o reto demográfico no quinto e último workshop do Plan Estratéxico da provincia que busca identificar futuras liñas de traballo.

Na mesa de traballo, que tivo lugar en Baiona,  participaron, ademais do delegado de Zona Franca de Vigo, David Regades; representantes da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Peixes (Anfaco-Cecopesca); a Asociación de Asociación de Comerciantes e Empresarios de Baiona; o alcalde de Baiona, Carlos Gómez; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; o alcalde de Nigrán, Juan González; a alcaldesa de Salceda de Caselas, Verónica Tourón, e a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos.

Nela, Regades destacou que “estas mesas de traballo foron de moita utilidade para coñecer as necesidades de cada área e para converter o Plan Estratéxico da provincia nun dos alicerces para o crecemento económico da rexión”.

Neste sentido quixo agradecer “a boa disposición de todos os axentes sociais e económicos, que empregaron o seu tempo para trasladar a súa visión co obxectivo de que os seus territorios avancen”.

Segundo sinalou Zona Franca de Vigo, as mesas de traballo que está a pór en marcha o Consorcio foron deseñadas para “identificar liñas de traballo e proxectos que dean resposta aos retos demográficos, económicos e de desenvolvemento sustentable aos que se enfronta a provincia”. Ao longo das próximas semanas levará a cabo a última das reunións que Zona Franca ten previsto celebrar con axentes sociais e económicos da área de Vigo.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...