InicioEconomíaO PSdeG presume da cifra "marca" de 300 millóns para Vigo, cun...

O PSdeG presume da cifra “marca” de 300 millóns para Vigo, cun 2,25% máis

O PSdeG rexeitou as enmendas á totalidade da oposición.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O pleno extraordinario do Concello de Vigo aprobou este venres os orzamentos da cidade para 2023, unhas contas “marca” que alcanzan os 292 millóns de euros, un 2,25% máis, e que ascenderán ata os 385 millóns grazas aos remanentes e as axudas procedentes dos fondos europeos.

Así, Vigo aproba os seus orzamentos a 191 días da celebración das eleccións municipais. Durante a celebración do pleno; que contou coa ausencia inicial do alcalde, Abel Caballero; o concelleiro da área de Orzamentos e facenda, Jaime Aneiros, cualificou as contas de “excepcionais”, posto que superan os 292 millóns de euros.

“É o orzamento máis alto dos últimos 15 anos de goberno de Abel Caballero que se fai con máis ingresos do Estado, sen ingresos adicionais da Xunta de Galicia, e por tanto con máis recursos propios”, sinalou.

“É unha mobilización dos recursos públicos sen precedentes, como nunca se fixo na historia de Vigo, para facer de Vigo unha cidade dinámica, atractiva e cun plan de acción para colocala no posto de referencia dentro das principais cidades españolas”, declarou o concelleiro da área de Orzamentos e facenda.

CRITICAS DA OPOSICIÓN

Pola súa banda, o portavoz municipal do Partido Popular (PP) de Vigo, Alfonso Marnotes, declarou que “os orzamentos teñen que ter uns obxectivos e os recursos públicos deben dirixirse a eses obxectivos, deben concentrarse neles, e agora, ás portas dunha recesión, os obxectivos non poden ser outros que o mantemento da actividade económica, a creación de emprego e a protección social”.

O portavoz do grupo municipal Marea de Vigo, Rubén Pérez, tamén cuestionou que “a base dos orzamentos presentouse sen ningún tipo de contacto social”. “Cando se presentan os orzamentos xa con todas as partidas consignadas nós non vimos aquí a perder o tempo”, sentenciou.

Por último, o concelleiro e candidato á Alcaldía do BNG, Xabier Pérez Igrexas, sinalou que “o proxecto de orzamentos que se trouxo a pleno non son os orzamentos xerais para a cidade de Vigo, son os orzamentos xerais para Abelandia, para ese xigantesco ámbito fóra da órbita terrestre. Por iso, trouxeron un proxecto de orzamentos que está fóra da realidade”.

Os orzamentos do Concello de Vigo para o ano 2023 foron aprobados por 20 votos a favor (do PSOE) e 7 votos en contra (PP, Marea de Vigo e BNG) despois de rexeitarse as emendas á totalidade presentadas polos partidos da oposición.

ÚLTIMAS

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...

Un home enfróntase a sete anos de prisión acusado de vender droga no bar que rexentaba en Baiona

Un home sentará este martes no banco dos acusados na sección quinta da Audiencia...

Luz Casal actuará en Vigo no Teatro Afundación en febreiro de 2026 dentro da súa nova xira

A cantante Luz Casal ofrecerá un concerto no Teatro Afundación de Vigo o vindeiro...