InicioSociedadeO nanosatélite que pretende lanzar a UVigo en 2024 terá como patrocinador...

O nanosatélite que pretende lanzar a UVigo en 2024 terá como patrocinador a Zona Franca

Desde a Zona Franca sinalan que é "un proxecto tan innovador e cuns promotores tan dinámicos que permite colocar a Vigo á vangarda dos nanosatélite".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Zona Franca de Vigo concretou este martes o seu apoio ao novo proxecto que docentes da Universidade de Vigo (UVigo) pertencentes ao programa ‘UVigo Spacelab’ van pór en marcha no ano 2024, o lanzamento ao espazo dun nanosatélite co obxectivo de analizar o comportamento de microorganismos no espazo.

O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, e o responsable do proxecto, Manuel Diz Folgar, asinaron o acordo que converte a Zona Franca de Vigo nun dos patrocinadores da misión.

Regades mostrou o seu apoio a “un proxecto tan innovador e cuns promotores tan dinámicos que permite colocar a Vigo á vangarda dos nanosatélites, ademais de permitir que o talento que se forma nos distintos graos da Universidade de Vigo (UVigo) póidase quedar en casa”.

O proxecto ‘Bacteriological Intercommunication Experiment Orbiter’ (BIXO) permitirá lanzar ao espazo, a mediados de 2024, este satélite de dúas unidades, dentro do que se instalará unha cámara presurizada que albergará bacterias e analizará como se comportan no espazo. Un experimento que determinará como lles afecta unha viaxe de 9 meses entre a Terra e Marte.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...