InicioEconomíaUn informe internacional apunta que o 10% dos estudantes da UVigo quere...

Un informe internacional apunta que o 10% dos estudantes da UVigo quere emprender cando acaben os estudos

Neste informe, elaborado polas profesoras María Isabel Diéguez e Ana Gueimonde e o profesor e director da área de Calidade, Joaquín Collazo, participaron 4.600 estudantes do tres campus da UVigo, é dicir, o 22,11% do total do alumnado da institución.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O informe Guesss, o proxecto de investigación colaborativa internacional máis importante do mundo no ámbito do fenómeno emprendedor, revela que o 10,3% dos estudantes da Universidade de Vigo (UVigo) quere emprender unha vez acaben os seus estudos, unha porcentaxe que se incrementa ata o 19% se se contempla como momento de referencia o cinco anos posteriores á finalización dos estudos.

Neste informe, elaborado polas profesoras María Isabel Diéguez e Ana Gueimonde e o profesor e director da área de Calidade, Joaquín Collazo, participaron 4.600 estudantes do tres campus da UVigo, é dicir, o 22,11% do total do alumnado da institución.

Segundo sinala o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), esta é a segunda vez que a UVigo participa neste estudo. A primeira foi no ano 2018 coa colaboración de 2.064 estudantes, o que situou á institución viguesa como a terceira universidade española en número de cuestionarios completados.

Nesta nova edición conseguiuse duplicar a participación e a UVigo xa é a segunda universidade máis implicada de España neste proxecto, un feito que, segundo aseguraron desde a institución, demostra “o interese do alumnado da universidade no ámbito do emprendimiento e avalando o espírito emprendedor da UVigo”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...