InicioEconomíaO pleno de Vigo destinará 32,8 millóns de crédito extraordinario para financiar...

O pleno de Vigo destinará 32,8 millóns de crédito extraordinario para financiar varias obras

Abel Caballero asegura que este diñeiro será utilizado para financiar proxectos "desde Porta do Sol ata Navia"

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Pleno de Vigo aprobou este mércores un crédito extraordinario con remanente líquido de Tesouraría por un importe superior aos 32,8 millóns de euros co que se financiarán varias obras que levarán a cabo na cidade.

Tal como subliñou o alcalde, Abel Caballero, este diñeiro será utilizado para financiar proxectos “desde Porta do Sol ata Navia“. Entre eles atópanse unha pista de skate cuberta en Navia, a remodelación da Praza Elíptica, un aparcadoiro en Matamá, a renovación da Praza de San Mauro, o mercado de Teis, melloras en O Castro, a biblioteca de Teis, a contorna da ETEA ou a continuación das obras na contorna de Vialia, entre outras.

“Esta é a nosa forma de funcionar. Somos a cidade coas mellores finanzas de España, coa presión fiscal máis baixa de Galicia e das máis baixas de España e con pago a provedores en nove días”, resumiu Caballero.

Ademais, durante o debate plenario, o concelleiro de Facenda, Jaime Aneiros, explicou que o goberno local quere con esta modificación orzamentaria “seguir transformando a cidade con recursos propios sen recorrer ao endebedamento”.

CRÍTICAS DA OPOSICIÓN

O concelleiro do BNG, Xabier Pérez Igrexas, tachou esta modificación orzamentaria de “farsa“. “Traen unha modificación orzamentaria o 9 de novembro para incorporar máis de 32 millóns de euros que só van ser efectivos a partir do 16 de decembro, xusto cando restan 15 días naturais do actual exercicio. É unha modificación orzamentaria que se trae para non executar”, criticou Igrexas.

Pola súa banda, o portavoz municipal do Partido Popular, Alfonso Marnotes, cuestionou que “este financiamento extra provén de diñeiro que o Concello de Vigo non gastou o ano pasado produto da ineficacia e improvisación do goberno local”.

Por último, o portavoz municipal de Marea de Vigo, Rubén Pérez, mostrouse en contra da modificación orzamentaria xa que, ao seu xuízo, o seu destino “non corresponde ás prioridades dos vigueses”.

ÚLTIMAS

A Universidade de Vigo aproba o orzamento máis alto da súa historia con 251,1 millóns para 2026

O Consello Social da Universidade de Vigo (UVigo) ratificou este luns o orzamento da...

Vigo licita o servizo de transporte urbano para os próximos nove anos por case 196 millóns

A xunta de goberno local de Vigo aprobou este luns a licitación do transporte...

A Policía Nacional desarticula en Vigo unha banda que asaltaba a empresarios chineses en toda España

A Policía Nacional desarticulou en Vigo un grupo criminal colombiano especializado en asaltar a...

A Xunta urxe a Vigo a sinalizar o Camiño para evitar que os 90.000 pelegríns se “perdan”

A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e o director da Axencia de...