InicioSociedadeA venda do hospital Povisa de Vigo "compromete o dereito a unha...

A venda do hospital Povisa de Vigo “compromete o dereito a unha asistencia sanitaria de calidade” segundo a CIG

A organización sindical reiterou a súa preocupación ao entender que este novo movemento empresarial compromete o dereito a unha asistencia sanitaria de calidade para miles de persoas na área de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sección de Saúde da Confederación Intersindical Galega (CIG) de Vigo advertiu de que a nova venda do hospital Povisa da cidade olívica compromete o dereito a unha asistencia sanitaria de calidade.

Así o sinalou a CIG despois de que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) autorizase a venda do grupo valenciano Ribera Salud, propietario de Povisa, á compañía francesa Vivalto Santé.

Neste sentido, a organización sindical reiterou a súa preocupación ao entender que este novo movemento empresarial compromete o dereito a unha asistencia sanitaria de calidade para miles de persoas na área de Vigo.

“Este tipo de operacións evidencian o risco de converter o coidado da nosa saúde nun negocio privado, no que compran e venden centros sanitarios en función dos intereses económicos dos accionistas das compañías que os xestionan, co obxectivo de minimizar os custos e maximizar os beneficios“, lamentou a CIG.

Por iso, consideran “especialmente grave” que isto ocorra co hospital Povisa, que mantén un concerto co Servizo Galego de Saúde (Sergas) para darlle asistencia a 135.000 persoas da área sanitaria de Vigo.

Ademais, a CIG lembrou que xa en 2019 rexeitara a venda de Povisa a Ribeira Saúde, defendendo como alternativa a súa compra por parte da Xunta.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...