InicioSociedadeO persoal de Ilunion retoma en Vigo as protestas contra a precariedade...

O persoal de Ilunion retoma en Vigo as protestas contra a precariedade laboral de persoas discapacitadas

A pesar de que os traballadores, que prestan servizos en compañías do sector do automóbil como Stellantis, Lear, Benteler ou Denso, realizan as mesmas tarefas que o persoal da empresa principal, cobran o salario mínimo interprofesional (SMI) e teñen a metade de dereitos.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal de Ilunion Servizos Industriais Pontevedra, centro especial de emprego do grupo ONCE, retomará este martes en Vigo as mobilizacións contra a precariedade e a explotación laboral das persoas con capacidades distintas despois dun mes de negociacións coa empresa co fin de conseguir unha mellora salarial que finalmente non se aplicará porque a dirección pretendía a cambio flexibilizar a xornada de traballo.

Segundo anunciou a CIG nun comunicado, as protestas levarán a cabo os días 8, 10, 17 e 24 de novembro diante da sede do ONCE, en Vigo, de 10,45 a 11,45 horas.

O membro da executiva da CIG-Industria, Quique Fernández, sinalou que “aos 620 empregados que Ilunion ten en Vigo aplícaselles o convenio estatal de Centros Especiais de Emprego, que contempla unhas condicións laborais e salariais precarias”. Por iso, a pesar de que os traballadores, que prestan servizos en compañías do sector do automóbil como Stellantis, Lear, Benteler ou Denso, realizan as mesmas tarefas que o persoal da empresa principal, cobran o salario mínimo interprofesional (SMI) e teñen a metade de dereitos.

Para denunciar a explotación que estes traballadores padecen, a CIG remitiu recentemente un escrito á ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, xa que na última reforma laboral establécese que, en materia salarial, os convenios de empresa non poden ser inferiores aos de sector, e que, no caso das subcontratas e contratas, este persoal estará regulado polo convenio sectorial de aplicación. Pero, tal como denunciou a CIG, o Goberno central excluíu da norma de maneira expresa os centros especiais de emprego, “condenando a este persoal especialmente vulnerable á precariedade absoluta a través da fórmula da subcontratación”.

No caso de Vigo, a CIG lamentou que “aínda que os empregados cobran o salario mínimo teñen que aguantar os elevados ritmos de traballo, a realización de horas extraordinarias e as xornadas irregulares na mesma medida que o resto do persoal das compañías de automoción. Iso a pesar de que, segundo o convenio e os centros especiais de emprego, a súa xornada máxima semanal é de 38,5 horas e non se poden facer nin prolongacións da xornada nin ter unha distribución irregular das horas de traballo”.

Ademais, a organización sindical engadiu que estes traballadores “nin sequera están a recibir a formación obrigatoria establecida por lei, algo especialmente grave tendo en conta que se trata de persoas con capacidades distintas, tanto físicas como psíquicas”.

ÚLTIMAS

Caballero sobre o Nadal: “A publicidade son eu. Cando a xente ve o meu debuxo, ve Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este xoves na VI Convención de Turespaña,...

A Xunta insiste no seu apoio ao Mundial en Vigo pero advirte da falta de planificación do concello

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, remitiulle unha carta ao alcalde...

Un inspector de Policía de Vigo denuncia a existencia dun chat policial con información confidencial de persoas e causas policiais

Un xulgado de instrución do Porriño  abriu dilixencias pola actividade dun chat de Telegram...

A protesta pola vivenda en Vigo non deixa de medrar: xa son 60 tendas e ata 40 persoas durmindo cada noite

A acampada pola vivenda en Vigo acada xa as 60 tendas, nas que cada...