InicioPolíticaO BNG ve "insuficiente" o investimento dos Orzamentos Xerais do Estado para...

O BNG ve “insuficiente” o investimento dos Orzamentos Xerais do Estado para Vigo e pide 72 millóns máis

Indicaron que necesita máis investimento especialmente para mellorar a conexión ferroviaria da cidade

PUBLICADO O

- Advertisement -

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, e o portavoz e candidato á alcaldía de Vigo do BNG, Xavier Pérez Igrexas, avanzaron este luns as emendas rexistradas nos Orzamentos Xerais do Estado para 2023 valoradas en máis de 72 millóns de euros para a cidade olívica.

Tal e como sinalou este luns en rolda de prensa Néstor Rego, “Vigo necesita un maior investimento”, especialmente para mellorar a conexión ferroviaria da cidade. Desde o BNG defenderon “a necesidade de implantar o servizo de proximidade ferroviarias nas principais áreas metropolitanas de Galicia”, entre elas a de Vigo, que daría cobertura a máis de 750.000 habitantes. Tamén, a obrigación de acabar a construción dos 30 quilómetros que permitirían conectar a Galicia con Portugal. “A conexión de alta velocidade Vigo-Porto é estratéxica para o desenvolvemento social e económico dá Galicia”, destacou Rego.

O nacionalista reclamou unha partida de polo menos 15 millóns de euros para “dar no seguinte exercicio económico un impulso decidido aos 30 quilómetros que separan Vigo de Tui”. Así mesmo, o deputado do BNG no Congreso denunciou o “nulo” compromiso do Goberno español no Cume Ibérico celebrada a pasada semana en Viana do Castelo. “Levan anos con estudos pero non existen partidas específicas para levar a cabo o proxecto. O único que din é que estará, sen problema, antes de 2040”, lamentou Rego.

Ademais, Néstor Rego lembrou que o Goberno luso xa ten fixado de forma pública a priorización do Eixo Atlántico e a conexión con Galicia e criticou que “o Goberno español continúa empeñado en non escoitar o clamor social que existe en Galicia”. “Reclamaremos garantir a conexión por tren entre Vigo e O Porto en 2030. É a hora de compromisos e actuacións reais”, sinalou.

“RECTIFICAR UNHAS CONTAS INSULTANTES”

Pola súa banda, Xavier Pérez Igrexas puxo en valor que as emendas do BNG tamén queren dar resposta a graves problemas ao seu xuízo en conto ás infraestruturas de comunicación tales como o encaixe urbano da AP-9 na cidade ou o soterramento da VG-20 para que esta deixe de cortar o eixo Navia-Coia e pór así solución a dúas dos puntos de maior contaminación acústica da cidade.

As emendas nacionalistas tamén inclúen un Plan de dinamización do aeroporto de Peinador para o que reclaman 2,5 millóns de euros ou a demanda dun Plan de reactivación industrial e produtiva para o que se necesitan 10 millóns de euros aos que se sumaría a posta en marcha do centro de reparacións navais, con outro tres millóns de euros.

O BNG tamén busca reforzar a aposta pola investigación e a innovación coa solicitude de máis recursos para a industria do picosatélite así como para a modernización das instalacións do Centro Oceanográfico de Vigo e do Instituto de Investigacións Mariñas.

Así mesmo, Igrexas destacou a aposta do BNG por reclamar ao Estado un maior compromiso coa cidade en materia ambiental. Fíxoo destacando as propostas para a realización dunha auditoría da rede de subministración de auga potable, a posta en marcha dun estudo para a mellora da calidade da auga na Ría de Vigo, a instalación dunha pantalla vexetal na EDAR do río Lagares así como a actuación para a recuperación e valorización ambiental nas Illas Cíes.

As emendas do BNG tamén contemplan destinar un maior investimento estatal en instalacións como o Museo Marco, o “mil veces prometida Biblioteca do Estado” e a Panificadora co fin de lograr a súa recuperación.

ÚLTIMAS

O impacto do exfuracán Kirk: ventos de case 150km, tellados e árbores caídas e inundacións

O exfuracán Kirk, xa convertido en borrasca, deixa en Galicia nas primeiras horas deste...

Air Europa cancela os seus voos entre Vigo e Madrid pola borrasca

09/10/2024    10:40H A conpañía aérea anunciou na súa páxina web que quedan cancelados os voos...

O acusado de abusar de dúas menores nega os feitos e as psicólogas ven crible o relato das nenas

Un home acusado de dous delitos continuados de abuso sexual sobre menores de 16...

Condena de 18 anos de prisión por abusar da filla menor dun amigo

A sección primeira da Audiencia Provincial da Coruña condenou a 18 anos e nove...