InicioSociedadeUn mozo de 20 anos, detido en Vigo tras agredir a súa...

Un mozo de 20 anos, detido en Vigo tras agredir a súa noiva menor de idade

Foi un operario do servizo de limpeza quen alertou dun episodio de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, A.C.C. de Vigo e 20 anos de idade, foi detido na madrugada deste pasado martes na cidade olívica tras estrangular polo pescozo e tirar ao chan á súa noiva menor de idade.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 04,45 horas, cando un operario do servizo de limpeza alertou de que un mozo agredira a súa parella, que se atopaba no chan chorando.

Unha vez no lugar, a moza de 15 anos explicou que discutira co seu noivo, o cal a suxeitou polo pescozo, estrangulándoa e tirándoa ao chan. Por iso, deuse avisou ao proxenitor da vítima, que se presentou no lugar e manifestou a súa intención de presentar denuncia polos feitos.

Pola súa banda, o suposto agresor recoñeceu discutir coa moza, pero asegurou que caeu soa. A pesar diso, mentres os axentes realizaban xestións telefónicas, emprendeu a súa fuxida á carreira, e foi interceptado e detido pola suposta comisión dun delito de violencia de xénero, tras mostrar unha resistencia activa e tratar de golpear os funcionarios.

ÚLTIMAS

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

Investigado un veciño de Vigo por malos tratos animais tras localizar a un cabalo con varias feridas

O Equipo de Seprona da Garda Civil de Pontevedra investiga a un home, veciño...