InicioSucesosAtraco a punta de pistola e coitelo nunha oficina bancaria de Vigo

Atraco a punta de pistola e coitelo nunha oficina bancaria de Vigo

Deixaron tres empregados e dous clientes coas mans atadas no interior da sucursal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas persoas atracaron a punta de pistola unha oficina bancaria na tarde deste venres en Vigo deixando a tres empregados e a dous clientes coas mans atadas no seu interior.

Tal como informaron fontes da Policía Nacional, os feitos ocorreron á altura do número 377 da avenida do Aeroporto sobre as 14,30 horas deste venres, cando dous atracadores entraron na oficina de Abanca, maniantando os seus empregados e os clientes que naquel momento había dentro do local.

Un deles estaba armado cunha pistola, mentres que o outro portaba un coitelo. Tras facerse co diñeiro que había na caixa forte e no caixeiro, lograron saír do lugar.

Foron os propios empregados os que chamaron aos corpos de seguridade unha vez os ladróns xa se ausentaron do lugar.

Polo momento non se detivo nin indentificou ningún dos atracadores. Tamén se descoñece se fuxiron andando, nun coche ou se había máis cómplices no exterior do banco á espera.

As mesmas fontes explicaron que por agora tampouco se sabe a canto ascende o botín roubado, aínda que indicaron que podería alcanzar miles de euros. Unha patrulla da Policía Local tamén acudiu ao lugar en apoio á Policía Nacional.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma “indefinida” pese ao desaloxo da protesta en Madrid

A acampada pola vivenda en Vigo manterase de forma "indefinida" malia o desaloxo, levado...

Unha mestra menos, 180 escolares e unha comunidade en pé: o conflito educativo que sacode Vigo

Aprender a quitar o abrigo, pedir axuda para ir ao baño, expresar unha necesidade...

Só catro destinos desde Peinador: o PP acusa a Aena e Abel Caballero de “acabar” co aeroporto de Vigo

Un aeroporto é moito máis que unha infraestrutura de transporte. As súas conexións condicionan...

Un exprofesor do Colexio Montecastelo de Vigo, entre os falecidos no accidente ferroviario de Urda

O Colexio Montecastelo de Vigo lamentou nas últimas horas o falecemento de Carlos Ortiz,...