InicioSociedadeA Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo necesita 2.000 voluntarios...

A Gran Recollida do Banco de Alimentos de Vigo necesita 2.000 voluntarios para os días 25 e 26 de novembro

Coa lema 'Comer non pode ser un luxo', voluntarios de Banco de Alimentos estarán nuns 130 supermercados da provincia de Pontevedra cubrindo, na maioría dos casos, todo o horario comercial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo busca uns 2.000 voluntarios para poder desenvolver a Gran Recollida deste ano, que levará a cabo os días 25 e 26 de novembro e, tras a pandemia, recuperará o seu formato físico.

Así o anunciaron este martes os responsables da organización sen ánimo de lucro, que animaron á cidadanía a facerse voluntarios. “Só fai falla un pouco de empatía e dispor de catro horas do noso tempo os próximos 25 e 26 de novembro”, reivindicou o vicepresidente de Banco de Alentos de Vigo, Polo Quinteiro.

Coa lema ‘Comer non pode ser un luxo’, voluntarios de Banco de Alimentos estarán nuns 130 supermercados da provincia de Pontevedra cubrindo, na maioría dos casos, todo o horario comercial.

A pesar de que en anteriores ocasións chegaron a estar presentes nuns 155 centros, este ano reducirase dita cifra debido a que algunhas marcas só levarán a cabo achegas económicas ao pasar por caixa, sen posibilidade de doazóns físicas.

O obxectivo para a próxima Gran Recollida é conseguir recadar 300.000 quilos de alimentos, unha cifra similar a outros anos prepandémicos, a pesar de que os organizadores recoñeceron ser conscientes “do actual contexto económico”.

Se logramos superar a cifra alcanzada o ano pasado, que foron 250.000 quilos de comida, estariamos a garantir o abastecemento de alimentos básicos tanto ao almacén de Lavadores como á nave coa que contamos en Pontevedra, polo menos, ata a primavera de 2023″, subliñou Banco de Alimentos.

Na actualidade, na provincia aténdense a máis de 20.000 persoas en situación de vulnerabilidade, a través de máis de 150 ONG e outras entidades. Por todo iso, insistiron en que se alguén quere facerse voluntario, pode acceder á súa web ‘https://bancoalimentosvigo.org/faiche-voluntari/’ ou chamar ao 986 26 30 22.

Ademais, Banco de Alimentos avanzou que o próximo 11 de novembro dará a coñecer ao padriño da Gran Recollida, que dará substitución ao actor Pedro Alonso.

ÚLTIMAS

A Audiencia de Vigo xulga a 11 acusados de fabricar ‘narcolanchas’ en Galicia e Portugal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acolle desde...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...