InicioSucesosArden un par de freidoras e a campá extractora do local nun...

Arden un par de freidoras e a campá extractora do local nun incendio nun mesón de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un incendio rexistrado ás 23,45 horas deste luns nun mesón de Vigo saldouse con danos materiais, dado que arderon un par de freidoras e a campá extractora do local. O suceso tivo lugar na Rúa Aguia, á altura do número 5. Foi veciñanza da zona os que alertaron ao 112, tras observar que había fume no interior do mesón.

O 112 pediu a intervención dos Bombeiros de Vigo e, ante a posibilidade de que algunha persoa puidese resultar afectada, os xestores de emerxencias avisaron a Urxencias Sanitarias. Finalmente, os membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento confirmaron que ninguén resultou ferido.

Ata o lugar acudiron os axentes da Policía Nacional. Así mesmo, deuse aviso á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da cidade.

ÚLTIMAS

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...

Vigo reorganiza o Entroido polo mal tempo e avisa: “Que treme Río de Janeiro”

O Concello de Vigo actualizou a súa programación de Entroido debido ás condicións meteorolóxicas...