InicioSociedadeO comité de Vitrasa pospón os paros despois de que a empresa...

O comité de Vitrasa pospón os paros despois de que a empresa denunciase un defecto de forma

"Este proceder da empresa demostra que, lonxe de tentar buscar unha solución ao conflito que evitaría esta situación, emprega calquera artimaña para evitar o noso dereito constitucional á folga", lamenta o comité.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O comité de empresa de Vitrasa, a compañía concesionarios do transporte urbano en Vigo, decidiu pospor os paros convocados inicialmente para o 21 de outubro ata o próximo 2 de novembro, despois de que a compañía denunciase un posible defecto de forma.

Tal como indicou o comité nun comunicado, “a pesar de notificalos como en anteriores ocasións”, neste caso a firma informou dun posible defecto de forma e da posibilidade de recorrer as mobilizacións, podendo chegar a detelas e mesmo supor o pago dunha multa por parte do comité.

Por iso, os representantes dos traballadores decidiron pospor os paros co obxectivo desta situación non se produza. “Este proceder da empresa demostra que, lonxe de tentar buscar unha solución ao conflito que evitaría esta situación, emprega calquera artimaña para evitar o noso dereito constitucional á folga“, lamentou o comité.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...