InicioSociedadeA UVigo supera os 18.500 estudantes cubrindo case o 100% das...

A UVigo supera os 18.500 estudantes cubrindo case o 100% das prazas de novo ingreso

Do total de alumnado 9.904 estudan en Vigo, mentres que unhas 4.768 persoas fano en Ourense e 3.905, en Pontevedra. A esta cifra cabe engadir, segundo recolle o Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI), o alumnado do Programa de maiores, que alcanza as 432 persoas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O 99% das prazas de novo ingreso en titulacións de grao que a Universidade de Vigo (UVigo) ofertou para o curso 2022/2023 foron cubertas, segundo anunciou este mércores o reitor, Manuel Reigosa, en rolda de prensa.

Desta maneira, o centro académico matriculou 3.667 novos estudantes de grao, dos cales 1.934 son mulleres e 1.733, homes. En concreto, o campus de Ourense alcanzou unha taxa de ocupación do 101%, con 1.021 matriculados, mentres que Vigo e Pontevedra quedaron co 98% das prazas cubertas, con 1.938 e 708 matrículas de novo ingreso, respectivamente. En comparación co curso pasado, a taxa de ocupación incrementouse nun punto porcentual, pasando do 98% ao 99%.

En canto ao dato global de matrículas, que inclúe todos os cursos de graos, máster e programas de doutoramento (cuxa matrícula deste ano aínda non está pechada), neste curso o número de alumnos total sitúase nas 18.577 persoas.

Deles, 9.904 estudan en Vigo, mentres que unhas 4.768 persoas fano en Ourense e 3.905, en Pontevedra. A esta cifra cabe engadir, segundo recolle o Diario Oficial da Universidade de Vigo (DUVI), o alumnado do Programa de maiores, que alcanza as 432 persoas.

Reigosa e a vicerreitora de Estudantes e Empregabilidade, Natalia Caparrini, foron os encargados de presentar estes datos, mostrando a súa “satisfacción” e asegurando que supoñen que a universidade vive unha “situación favorable nunha contorna desfavorable”.

“Os datos indícannos que as cousas se fan ben e temos estes recoñecementos”, reivindicou o reitor, quen non se mostrou preocupado pola baixa taxa de ocupación de certos graos como o de Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos ou Filoloxía aplicada en galego e español.

“Creo que agora non hai ningunha titulación en risco de desaparecer”, engadiu, mostrando a súa estrañeza porque algunhas das carreiras menos demandadas teñen “pleno emprego”.

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...