InicioSociedadeConvocados pola Xunta os propietarios dos terreos necesarios para humanizar a avenida...

Convocados pola Xunta os propietarios dos terreos necesarios para humanizar a avenida de Galicia en Vigo

Tal como informou o Goberno galego nun comunicado, os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 15 de novembro, mentres que a formalización das actas será o 15 de decembro.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta publicou este mércores no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para os meses de novembro e decembro dos actos de expropiación para executar as obras da primeira fase do proxecto de humanización da avenida de Galicia no barrio vigués de Teis.

Tal como informou o Goberno galego nun comunicado, os actos para o levantamento de actas previas á ocupación terán lugar o 15 de novembro, mentres que a formalización das actas será o 15 de decembro.

Esta actuación na estrada autonómica PO-323 ten como obxectivo o fomento da mobilidade sustentable nesta vía de entrada á cidade a través de actuacións de moderación do tráfico rodado e mellora dos itinerarios peonís existentes. Suporá un investimento duns 2,5 millóns de euros.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade prevé licitar as obras no último trimestre deste ano, para comezar os traballos na primavera de 2023, cun prazo de execución de 12 meses.

Esta nova intervención da Xunta centrarase no tramo comprendido entre o cruzamento da estrada autonómica coa avenida Marina Española e o IES de Teis.

ÚLTIMAS

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...

Vigo humanizará os accesos á ermida da Guía

A xunta de goberno local de Vigo aprobará este venres a humanización dos accesos...

O PP de Vigo esixe a revisión urxente dos danos causados polos temporais na cidade

O PP de Vigo reclamou ao goberno municipal que proceda a revisar "canto antes"...

O ADN dá un xiro ao crime do Porriño: arquivada provisionalmente a causa contra o único investigado polo asasinato de Judith M.G.

As probas de ADN realizadas polo Instituto Nacional de Toxicoloxía no marco da investigación...